Os incendios arrasan 4.000 hectáreas de monte, a metade na serra da Barbanza
Os campistas de Ribeira puideron recoller as súas pertenzas
No concello de Boiro desaloxaron vivendas na aldea de Piñeiro e houbo evacuacións na pobra en Entrerríos e en Sampaio
Alfonso Rueda aposta por profesionalizar as brigadas de loita contra os lumes
O lume segue avanzando na Serra da Barbanza. Así se traballaba contra as lapas esta tarde no monte da Curota, no concello da Pobra.
Segundo o ultimo balance da Consellería do Medio Rural, de hai pouco mais dunha hora, alcanzáronse as 2000 hectáreas calcinadas, 800 máis que as computadas pola mañá. A pesar de que diminuiu forza do vento, outro factor importante, é a gran cantidade de maleza acumulada.
Nas aldeas de Vilas e de Santa Cruz, no concello da Pobra, estaban moi pendentes da evolución do incendio pola proximidade ás casas.
A situación mellorou esta tarde nestas dúas aldeas, segundo confirmou o alcalde da Pobra do Caramiñal, que aínda así pide prudencia.
Na aldea pobrense de Entrerríos, os turistas desaloxados de dous hoteis rurais xa puideron volver. Tamén houbo desaloxos en Piñeiro, no concello de Boiro.
Protección Civil confirmou que agora mesmo non hai perigo paras as casas de Piñeiro. Nos labores de extinción están a traballar, entre outros medios, a Unidade Militar de emerxencias, 13 hidoravions, 12 helicopteros 3 mais de 140 membros dos equipos de extinción.
No Centro de Coordinación Central de Incendios, seguindo os labores de extinción dos lumes que seguen activos en Galicia.
Coma sempre, todo o meu apoio ás persoas que os sofren e aos profesionais que os combaten pic.twitter.com/HvCb2O6x1j
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) August 6, 2022