Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigados catro homes por varios delitos de incendio forestal na Coruña

Investigados catro homes por varios delitos de incendio forestal na Coruña

Un deles está acusado de provocar un lume en Aranga que afectou 800 metros cadrados de masa forestal

Os outros tres casos, rexistrados en Vilasantar, Abegondo e Betanzos, teñen a súa orixe en queimas agrícolas

Un dos incendios foi no concello de Aranga Un dos incendios foi no concello de Aranga
G24.gal 16/05/2026 09:11 Última actualización 16/05/2026 10:03

Efectivos do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da comandancia da Garda Civil da Coruña investigan catro homes como supostos autores de varios delitos de incendio forestal na provincia.

Un deles está acusado de provocar un lume o pasado 30 de marzo no municipio de Aranga, na parroquia de Cambás. As lapas arrasaron unha superficie apoximada de 800 metros cadrados dunha plantación de eucaliptos. 

A rápida detección do foco na súa fase inicial e a intervención dos medios de extinción evitaron que o incendio alcanzase maiores dimensións. A investigación contou coa colaboración cidadá e da administración local.

Tras a pescuda técnica das causas e a recompilación de testemuños, o SEPRONA logrou identificar un home de 67 anos como presunto autor dos feitos, que figuraba nos rexistros policiais por episodios de idéntica natureza entre Aranga e Irixoa.

Un axente recolle probas no lugar dos feitos Un axente recolle probas no lugar dos feitos

Imprudencia grave

Os outros tres investigados son veciños de Vilasantar e Abegondo acusados de provocar lumes por imprudencia grave durante queimas agrícolas nestas localidades.

Segundo a Garda Civil, nestes casos ou non contaban coas autorizacións preceptivas ou omitiron as medidas de seguridade obrigatorias, como a creación dunha devasa perimetral e a disposición de persoal e medios de extinción suficientes.

Esta falta de control provocou que o lume se estendera fóra dos límites previstos, orixinando diversos incendios nos termos municipais de Vilasantar, Abegondo e Betanzos durante o pasado mes de abril.

A Benemérita lembra a importancia de extremar as precaucións e dar estrito cumprimento á normativa vixente en materia de prevención de incendios durante a realización de labores agrícolas ou forestais.

Os lumes de Vilasantar, Abegondo e Betanzos rexistráronse o pasado abril Os lumes de Vilasantar, Abegondo e Betanzos rexistráronse o pasado abril
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade