Cargando resultados...
Os campistas de Ribeira xa poden entrar a recoller as súas pertenzas
Tras pasaren a noite en pavillóns polo lume
G24.gal
06/08/2022 20:56
Última actualización 06/08/2022 21:20
A media tarde os campistas do Ría de Arousa II, situado no concello de Ribeira, volveron acceder ao camping para revisar a situación das súas pertenzas tras o paso do lume.
Máis de 700 usuarios tiveran que marchar ás présas o día anterior ante o perigo das lapas.
Foron oito as autocaravas queimadas e unha chea de tendas de campaña, ademais de múltiples obxectos.