Novas
Contido coa etiqueta .
Queixas Veciñais

Veciños de Teis, en Vigo, denuncian riscos para os peóns polas obras de humanización
25/09/2023 13:42
Non hai beirarrúas e persoas con problemas de mobilidade ou carros de bebé transitan con gran dificultade

Oito meses fóra da súa casa tras a caída da vivenda lindeira
21/09/2023 17:18
A familia, do Barco de Valdeorras, ten medo de regresar á casa
Viven con familiares e quéixanse de que non se fagan as obras para asegurar a zona que está protexida por Patrimonio

Caos de tráfico na contorna da rúa santiaguesa da Pastoriza por obras
20/09/2023 14:55
Veciños e negocios afectados polos problemas de tráfico
As obras poden durar máis de tres meses

A chuvia transforma unha rúa da Vilaxoán nunha cloaca
20/09/2023 13:52
Os veciños pídenlle ao Concello de Vilagarcía a renovación integral da rúa ante os problemas que sofren cando cae un trebón

Para sete de cada dez galegos, a ocupación de vivendas xa é un problema social
19/09/2023 14:48
É unha das conclusións que se desprenden do estudo que acaba de presentar a Fundación Línea Directa

Veciños da nave incendiada levan anos denunciando o punto limpo de Vigo
19/09/2023 14:08
Levan denunciando dende que se presentou o proxecto do punto limpo
A orixe do incendio podería ser que ardeu unha bengala de barco que estaba entre os refugallos

Racha de raíz un eucalipto enorme e dana a caseta das mariscadoras en Poio
19/09/2023 14:04
A árbore caeu sobre a beiravía e os dous carrís da estrada que estivo cortada ao tránsito durante seis horas entre Lourido e e Campelo

Debido á contaminación da traída, na Pobra do Brollón recorren ás fontes ou á auga embotellada
19/09/2023 13:47
A auga segue saíndo turbia, pero prevén que volva ser potable a partir deste mércores

Praga de pulgas en Cabana de Bergantiños
18/09/2023 14:06
Os afectados non poden abrir as ventás, non tenden no exterior e íspense fóra para non meter os insectos na casa

Un novo ataque do lobo deixa cinco ovellas e tres años mortos en Quintela de Leirado
18/09/2023 13:48
Hai dous meses xa matara media ducia de animais doutro rabaño na mesma parroquia
Os veciños piden medidas ante o incremento dos ataques