Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o estado de insalubridade dun inmoble abandonado da Coruña

Denuncian o estado de insalubridade dun inmoble abandonado da Coruña

Aseguran que é un foco de infección

Esixen medidas urxentes para evitar as moitas molestias que sofren por mor das pombas e gaivotas

G24.gal 06/05/2024 13:51

A gran casa das pombas, así coñecen os veciños dos Castros este inmoble abandonado. O caso é que o inmoble leva unha morea de anos abandonado e en avanzado estado de deterioración. De feito, a cuberta sufriu unha rotura e moitos cristais das ventás caeron... e precisamente por eses buratos é por onde se meten as aves.

E consideran que é un importante foco de infección. Contan que nos últimos anos a única medida que se tomou foi a instalación dunha estada. Pero tanto os veciños coma os comerciantes da zona esíxenlle ao Concello que tome cartas no asunto de xeito urxente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade