Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden a mellora dos accesos a empresas e núcleos rurais dende a N-540 en Lugo

Piden a mellora dos accesos a empresas e núcleos rurais dende a N-540 en Lugo

Propoñen eliminar o carril de aceleración e empregar o espazo para facer esperas que faciliten os xiros

Vehículo facendo un xiro indebido na N-540 á altura de Esperante
G24.gal 18/06/2024 13:03

Os veciños e empresarios que teñen naves industriais no treito da nacional 540 próximo á cidade de Lugo quéixanse da falta de seguridade na vía. Piden máis accesos laterais para entrar aos núcleos rurais e, sobre todo, raquetas, como se coñecen popularmente, que permitan o cambio de sentido. Tal como está agora é imposible xirar en case tres quilómetros.

É unha vella demanda da Asociación de Empresarios Estrada de Santiago.  

Gerardo Lozano, presidente da Asociación de Empresarios Estrada de Santiago: "Nós queremos que se retome un vello proxecto que consiste en suprimir o carril de aceleración, que ademais propicia que os coches vaian a moita velocidade, e que se utilice ese exceso de plataforma para facer carrís de espera e acceso a empresas e localidades".

Dende a rotonda á saída de Lugo que dá acceso á A-54, comeza unha longa recta de varios quilómetros con varios cambios de rasante e un carril de aceleración

"Moi perigoso, porque aquí hai un cambio de rasante que nin antes existía. Fíxose durante un arranxo hai anos da N-540."

En todo ese treito apenas hai accesos laterais aos núcleos rurais, pero, sobre todo, preocupa a falta de zonas para o cambio de sentido.  

"Ao final os veciños e os empresarios e traballadores acabamos empregando este exceso de espazo que hai no desvío para Esperante para dar a volta, un pouco daquela maneira". "Tampouco se podería dar ese acondicionamento de xiro que ás veces si que se fai, senón que habería que bordear pola vila".

Un treito moi transitado por veciños, empresarios e clientes. 

"Non temos entradas. Non temos saídas. Cando se fixo a autovía prometeran facer un cambio de sentido, pero nada".

Agora que hai un proxecto para renovar a sinalización da nacional pensan que é o momento oportuno para se escoiten as súas demandas, porque sería só pintar as liñas sen necesidade de acometer ningunha obra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade