Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños da parroquia viguesa de San Miguel de Oia esixen o arranxo dunha vía chea de fochancas

Os veciños da parroquia viguesa de San Miguel de Oia esixen o arranxo dunha vía chea de fochancas

Están cansos dos parches e dos arranxos temporais que non son eficaces, por iso se concentraron para esixir a reparación integral desta vía tan importante para a parroquia

G24.gal 12/06/2024 14:26

A rúa Cesáreo Vázquez foi rebautizada polos veciños da parroquia viguesa de San Miguel de Oia. Chámanlle a rúa das Toupas porque aquí a aparicion de fochancas forma parte da súa vida diaria.

Están cansos dos parches e dos arranxos temporais que non son eficaces, por iso se concentraron para esixir a reparación integral desta vía tan importante para a parroquia. Levan anos reclamándoo sen ter resposta.  A eles uniuse a comunidade educativa do colexio Ría de Vigo, esixindo seguridade e que a deterioración da vía deixe de prexudicar o transporte escolar que en ocasións non pode chegar ao centro.

A parroquia está unida. Din que non deixarán de concentrarse ata que exista un compromiso do Concello vigués para reparar a vía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar