Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian inseguridade no barrio compostelán de Santa Marta pola repunta do consumo de heroína

Denuncian inseguridade no barrio compostelán de Santa Marta pola repunta do consumo de heroína

A asociación de veciños pide o desmantelamento dun punto de venda de droga que hai no barrio 

A rúa de Barcelona, unha das do barrio compostelán de Santa Marta e A Choupana, este xoves
G24.gal 23/05/2024 14:08

En Santa Marta e A Choupana, o barrio santiagués que abrangue dous hospitais públicos, os veciños piden a acción das autoridades responsables ante o consumo de drogas -din- a calquera hora e en calquera espazo público. Un problema social vello que rexurdiu coa volta da heroína e coa permanencia dun punto de venda de droga na zona.

"Había tráfico, pero non había xiringas porque era outro tipo de consumo. Desde hai oito ou nove anos hai unha repunta clarísima deste tipo de consumos ligados á heroína", explica Xulia Guntín, presidenta da asociación de veciños Santa Marta e A Choupana.

O achado de xiringas en zonas como as do parque infantil ou onde a gardería é o que xera maior sentimento de inseguridade entre a veciñanza deste barrio populoso.

Ademais falan doutros prexuízos interrelacionados co problema principal: "Antes aínda se agochaban; viñan pola noite ou pola tarde. De feito pícanse en calquera lado, logo están moito nos portais, métense neles. Temos tamén un problema gordo aquí, porque hai casas ocupadas", di unha veciña.

E outra sinala: "A un amigo meu xa lle roubaron tres veces nos coches del e da muller e na caravana. Ademais hai xente que se instala a durmir no portal e que ten que chamar a policía cada dous por tres.

Desde a asociación de veciños reclaman estas accións inmediatas, segundo di a súa presidenta: "Nós o que pedimos xa é que se erradique ese punto de venda de droga xa. Os veciños tamén somos moi conscientes de que é un problema social. É dicir, hai unha repunta no consumo (de heroína) e ten que ter unha abordaxe desde o punto de vista da intervención social, pero para o barrio necesitamos tamén unha maior intervención policial, evidentemente para erradicar ese punto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar