Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños da parroquia viguesa de Coruxo piden máis seguridade viaria para frear un punto negro de accidentes

Os veciños da parroquia viguesa de Coruxo piden máis seguridade viaria para frear un punto negro de accidentes

A veciñanza considera que estes accidentes están provocados polo exceso de velocidade nunha vía limitada a 50 km/h 

G24.gal 20/05/2024 13:37

Este punto da avenida Ricardo Mella de Vigo, ao seu paso por Coruxo, estase a converter nos últimos meses nun punto de concentración de accidentes de tráfico segundo nos puideron confirmar algúns veciños.

"Se non é coches é motos, continuo. Dende Coruxo ata Canido non paran e non sabemos por que".

A velocidade nesta estrada PO-325 está limitado a 50 quilómetros por hora, pero os veciños e veciñas que viven nesta zona aseguran que os condutores non cumpren co establecido para esta vía.

"Ti miraches ese coche a toda velocidade? Pois case sempre así. O que van conseguir é que nos poñan un radar e imos pagalo todos". 

E iso é o que piden moitos deles. Un radar fixo para este punto quilométrico, controlado moitas veces por un medidor móbil de velocidade por parte da Garda Civil. Con todo, non cren que isto sexa suficiente, amais de consideralo recadatorio. Emilio López, presidente da AA. VV. de Coruxo.

"Soluciona despois dunha serie de multas pero, poñer un radar para recadar non está ben. Nos entendemos que deberían poñer un redutor de velocidade ou algunha forma disuasoria".

Precisamente, o choque entre dous coches e unha moto foi dos accidentes máis graves rexistrados nesta vía o pasado xaneiro, pero non o único. Unha estrada que coincide cun ensanchamento da vía antes da curva, o que din, incita a moitos condutores a facer adiantamentos.

Outros sinistros tamén son provocados polo paso dos xabarís. Algo que tamén trasladaron á Administración autonómica co obxectivo de sinalizar a zona e dotala de bandas redutoras para pór freo as cifras de accidentes dos últimos meses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar