Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas por mor dunha praga de moscas no barrio coruñés dos Castros

Queixas por mor dunha praga de moscas no barrio coruñés dos Castros

Veciños e comerciantes din que o problema se repite todos os anos

G24.gal 22/05/2024 14:00

"Este ano... mira en que época estamos e xa temos os comercios cheos de moscas". "Hai moitas moscas, de verdade que si. E segundo por onde vaias, molestan moito".

É a queixa dos veciños e comerciantes dos barrio coruñés dos Castros que se repite...

"Todos os anos polo verán". "Teñen que investigar cal é a orixe e buscar unha solución", di Paulo Sexto, o presidente da asociación de veciños. 

Os veciños din que a invasión de insectos é tal, cando vai sol e soben as temperaturas, que ata lles altera o seu día a día.

"Non se poden abrir as ventás nin tender a roupa". "Hai xente que cruza para non ir por aquela beirarrúa porque as moscan dante na cara".

E igual de desesperados están os comerciantes, sobre todo, os de alimentación.

"É que aquí nin lles podermos botar insecticidas". "Nós temos eses aparellos para que queden aí pegadas e iso é o que nos salva". 

Molestos e fartos... esixen solucións.

"O ano pasado colgaran nas árbores unhas botellas cun líquido, similares ás das velutinas, e había menos".

Porque din que cando mellore o tempo e vaia calor, o problema irá a peor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar