Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o mal estado dunha rúa de Culleredo cun tractor e moita retranca

Denuncian o mal estado dunha rúa de Culleredo cun tractor e moita retranca

Veciños da prolongación de Río Chan demandan a reparación do firme 

Quedou moi estragado polo tráfico pesado para as obras da terceira rolda da Coruña

G24.gal 12/06/2024 14:25

Os veciños que viven na prolongación da rúa Río Chan de Culleredo din que semella unha vía do terceiro mundo. Aseguran que levan anos reclamándolle ao Concello o arranxo da vía, sobre todo desde que quedou moi afectada polas obras da terceira rolda da Coruña. 

En vista de que as súas demandas non teñen resposta, decidiron constituírse como entidade veciñal e facer unha campaña de denuncia. Para iso encheron a rúa de pancartas e mercaron un vello tractor para sumarlles retranca ás súas demandas.

O Concello elaborou un proxecto de rehabilitación e mellora do firme, presupostado en 48.000 euros, que prevé actuar nos tres treitos máis afectados da rúa. Din que xa informaron os veciños da zona e que se vai executar conforme se vaian reincorporando os remanentes de crédito ao presuposto municipal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar