Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños da parroquia ourensá de Seixalbo din levar máis dun ano aturando obras ao carón das casas

Veciños da parroquia ourensá de Seixalbo din levar máis dun ano aturando obras ao carón das casas

Os afectados lamentan os danos que lles ocasionan os traballos da variante exterior de Ourense

Ruídos, fochancas e fendas nas casas son algunhas das consecuencias

G24.gal 23/05/2024 14:04

Os propios veciños de Seixalbo gravaron as últimas consecuencias das obras do AVE: o arrastre de lama e cascallos no regato de Amendo que, a consecuencia das treboadas, acabou inundando as hortas ao seu paso.

Juan Cid, voceiro da asociación de veciños de Seixalbo: "Romperon para cambiar o tubo que estaba obturado e, ao rompelo, marchou a balsa toda por aí abaixo, coas cebolas, chícharos, as hortas...".

Tamén teñen problemas nas vivendas próximas á zona de obras. Tiraron cinco, afectadas polo trazado, e nas que quedaron en pé están vendo fendas que atribúen ás obras.

"Viñeron dous peritos miralas, demos parte e dixeron que se ían poñer en contacto co Adif porque non era unha cousa normal", sinala Rosa, veciña da zona.

Levan máis dun ano aturando as consecuencias das obras, correspondentes á variante exterior do Ave.

"O peor foi cando derrubaron a montaña aquí en fronte, que houbo moito ruído, pero hai que armarse de paciencia un pouco", di outro veciño.

Tamén a estrada, que conduce ao colexio público e ao campo de fútbol, está chea de fochancas pola maquinaria pesada.

Escritos

Xa lles enviaron escritos ao ADIF, á Confederación Hidrográfica e ao Concello de Ourense, para que se asegure de que se reparen os danos cando rematen as obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade