Fartos das fochancas no barrio de Paredes en Mondariz
O butano, o panadeiro, os repartidores e os das ambulancias xa non queren subir a algunhas zonas
Os veciños do barrio de Paredes en Mondariz levan anos desesperados polo mal estado do firme da pista que sube ás súas casas. Esta moi deteriorado, queima os neumáticos, estraga os baixos e a suspensión dos vehículos.
Os taxistas e os do butano ou o panadeiro xa lles están poñendo pegas e as ambulancias non chegan, teñen que baixar o enfermo en padiola.
Son apenas cen metros os que precisan un novo asfalto. Os veciños déixanse as rodas aquí, cando chove os neumáticos sofren máis e ás veces empezan a fumegar.
Nalgunha ocasión o concello botoulle algo de grava pero non durou nada. Na zona en xeral están as estradas moi deterioradas. Con mato e mal asfalatadas. Nalgunha ocasión os veciños teñen botado masa para amañalas.
En épocas como esta o Concello arranxa algúns viais pola proximidade da romería da Franqueira, pero este ano non houbo sorte malia as reclamacións que os veciños fixeron diante do concello mesmo por rexistro.