Veciños do barrio vigués de Coia están cansos das constantes avarías na subministración da auga
Veciños do barrio vigués de Coia están cansos das constantes avarías na subministración da auga
O barrio precisa unha reforma global da rede e non pequenos parches
Os veciños do barrio vigués de Coia sofren constantes cortes de subministración de auga e avarías. Din que non se fai unha reforma global das tubaxes e que só se acometen parches. Por iso teñen convocada unha mobilización.
É habitual ver balsas de auga e lama cando chove moito no contorno da parroquia do Cristo da Vitoria en Coia. A rede de submnistración de auga ten preto de 50 anos e rompe con facilidade.
Segundo os veciños a empresa responsable só vai arranxando as avarías, pero non fai a renovación global que eles consideran precisa e a rede vai rachando unha e outra vez, quedando horas sen auga en moitas ocasións.
A última avaría fixo un burato tan grande que o párroco acabou dentro dunha fochanca coa auga ao pescozo.
Fartos de que ninguén lles dea unha solución convocaron este xoves unha concentración nun barrio que pode ter entre 30.000 e 40.000 veciños segundo algunhas estimacións.