Contido con Temática Igualdade .

Contido con Temática Igualdade .

Igualdade

EFE/Eduardo Palomo

Mata a súa parella a coiteladas en Cáceres tras marchar o fillo para o instituto

27/05/2025 12:12

Tanto o cadáver da muller, de 38 anos, como o autor da agresión mortal foron achados polos axentes do instituto armado baixo o balcón da vivenda da parella


Arquivo (Europa Press)

As persoas con cans de asistencia poderán acceder con eles a espazos públicos

27/05/2025 12:10

Ata o de agora só estaba regulado o acompañamento de persoas con discapacidade visual

As mulleres vítimas de violencia de xénero e sexual poderán entrar con cans de asistencia a albergues e centros asistenciais

O Goberno fixa os criterios para adiantar a xubilación en traballos penosos

O Executivo impulsa a lei de protección de servizos esenciais de sectores estratéxicos


(EFE/Pedro Eliseo Agrelo Trigo)

Berros de "asasino" para o acusado de matar unha muller en Lugo de 47 coiteladas

26/05/2025 14:26

As acusacións piden para o autor confeso do crime a pena máxima, 30 anos de prisión, por asasinato con aleivosía e asañamento e roubo con violencia

A vítima foi atopada sen vida no seu domicilio. Tiña 42 anos e o seu corpo presentaba corenta e sete coiteladas.


Continúa en estado grave a muller tiroteada presuntamente pola súa exparella en Verín

26/05/2025 14:08

A muller xa denunciara a súa exparella por malos tratos e estaba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero

Está previsto que este martes pase a disposición xudicial o presunto agresor 

É o segundo caso grave de violencia machista na provincia de Ourense en menos dunha semana


Vivenda da vítima no barrio Primeiro de Maio de Verín

Detido o home que presuntamente lle pegou dous disparos á súa exmuller en Verín

25/05/2025 19:01

A vítima é unha muller de 35 anos que foi ingresada en estado grave no Complexo Hospitalario de Ourense

O agresor é un home de 36 anos natural de Xinzo de Limia 

O home foi detido contra as oito da tarde na comarca de Monterrei

 

 


Europa Press

Deteñen un home en Málaga por lanzar contra o chan o seu bebé durante unha discusión de parella

23/05/2025 09:48

A nena, de 14 meses, foi trasladada ao Hospital Materno Infantil, onde quedou ingresada, sen que transcendesen ata o momento mais datos sobre o seu estado

Aínda que a detención a realizaron axentes da Policía Local, posteriormente o investigado foi trasladado a dependencias da Comisaría Provincial de Málaga, antes do seu pase á disposición xudicial.



Marta Fernández/Europa Press

O Goberno reformará o Código penal para incluír a violencia vicaria

22/05/2025 13:08

A ministra de Igualdade anunciouno no Congreso, onde presentou a "folla de ruta" do seu departamento para combater as violencias machistas

"Ningunha nai debería temer que os seus fillos se convertan en branco dos seus maltratadores"


EFE/Brais Lorenzo

A muller que se precipitou desde un cuarto piso no Barco quería divorciarse

21/05/2025 15:18

Ese mesmo día, antes da caída, fora á Garda Civil pedir información

A muller está ingresada en estado grave

O home segue detido, á espera de pasar á disposición xudicial


Detido por prenderlle lume á casa da súa exparella en Tomiño con ela dentro

21/05/2025 08:51

O xuiz decreta prisión provisional para o detido por ameazas no ámbito de violencia de xénero, incendio con perigo para as persoas e coaccións

A muller está ben e apagou o lume cos seus propios medios

Segundo relatou, recibiu ameazas de morte mentres fuxía do home, que finalmente foi detido en Vigo


Detido un home despois de que a súa parella se precipitara desde un cuarto piso no Barco de Valdeorras

20/05/2025 15:17

A muller, de 35 anos, foi trasladada a un centro sanitario en estado grave

A Garda Civil investiga se se trata dun novo episodio de violencia machista, xa que, segundo testemuñas presenciais, ela pediu auxilio e houbo unha pelexa previa entre ambos

A vítima non figura no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén) nin constaban denuncias previas


O Goberno recorta un 25 % o Plan Corresponsables, que terán que asumir as autonomías

20/05/2025 11:17

O plan será debatido este venres na conferencia sectorial coas autonomías 


Vista do edificio en Cúllar Vega, Granada, onde a Garda Civil investiga o apuñalamento da muller e do fillo

En Granada, un home apuñala a muller e o fillo, ambos fóra de perigo, e logo suicídase

17/05/2025 17:33

O home, de 59 anos, suicidouse lanzándose desde un ático

A Garda Civil investiga o sucedido, pero as primeiras hipóteses apuntan a un caso de violencia machista


(Reuters/Abdul Saboor)

Gérard Depardieu, declarado culpable de agresión sexual

13/05/2025 10:47

Ao intérprete impuxéronlle unha pena de 18 meses de prisión, exentos de cumprimento


A Fiscalía recorre a absolución de Dani Alves ante o Supremo

07/05/2025 16:17

Acusa o TSX de Cataluña de condenar moralmente á vítima e interpretar de forma "cruel e arbitraria" unha proba biolóxica

O fiscal sostén que a sentenza supón un retroceso histórico na valoración do consentimento


Tribunal Superior de Xustiza de Navarra

O Tribunal Superior de Navarra confirma a rebaixa dun ano para dous condenados da 'Manada'

25/04/2025 08:59

A pena de prisión pasa de 15 a 14 anos para dous dos acusados

Son tres os membros da Manada que solicitaron as rebaixas de pena en aplicación da Lei de Garantía Integral da Liberdade Sexual


EFE/Julián Pérez

A morte dunha muller en Cartaya está sendo investigada como posible caso de violencia machista

24/04/2025 09:57

As forzas de seguridade seguen buscando a exparella da vítima que convivía con ela mentres revisan as cámaras de seguridade da vivenda

Os primeiros datos indican que a muller de 55 anos foi golpeada na cabeza cun obxecto contundente

O corpo sen vida da muller foi atopado por un albanel, exparella da muller con antedecentes de violencia contra ela, que de momento está a ser tratado como testemuña


Investigado por gravar nas duchas dun equipo de cadete de balonmán feminino de Carballo

23/04/2025 12:34

A Garda Civil iniciou unha investigación a raíz da denuncia de varios pais


Unha patrulla dos Mossos en Constatí (Tarragona)

Detido un home que levaba o cadáver da súa parella no maleteiro do coche

19/04/2025 11:12

O arrestado parou á altura dunha patrulla nunha autoestrada de Tarragona para confesar que transportaba o corpo no vehículo


A Xustiza arxentina confirma o procesamento de Alberto Fernández por violencia machista

16/04/2025 08:14

A resolución da Cámara Nacional de Apelacións no Criminal e Correccional considerou que, entre 2016 e agosto de 2024, Fernández exercería distintos tipos de violencia física e psicolóxica contra Yáñez, aproveitando unha relación marcada por unha notoria desigualdade de poder

O tribunal deixou ao exmandatario a un paso do xuízo oral polos delitos de lesións leves e graves, agravadas polo vínculo e o abuso de poder, ademais de ameazas coactivas


Audiencia Provincial da Coruña

Condena de 15 anos de cárcere para un home que agrediu sexualmente a filla da súa parella

14/04/2025 12:30

Os maxistrados consideran probado que o home violou a menor ata en dúas ocasións, empregando ameazas e violencia para evitar que a nena o delatase

O acusado deberá aboar unha indemnización de 18.000 euros polos danos morais causados


Piden 31 anos e medio de cárcere para un feirante por tocamentos a nove nenas

13/04/2025 12:34

O xuízo comeza este luns na Audiencia Provincial de Navarra

O home está acusado de cometer nove delitos de agresión sexual a menores de 16 anos

Os feitos ocorreron en setembro de 2024, durante as festas patronais de Huarte


Elisa Mouliaá, acompañada do seu avogado, á saída do xulgado (EFE/Daniel González)

Mouliaá entrega o seu teléfono ao xuíz que investiga a Errejón, pero el esperará ao seu recurso

11/04/2025 12:03

A actriz asegura que borrou oito mensaxes co exdeputado porque llo dixo a súa anterior avogada


Imaxe de arquivo

Detido en Málaga un home acusado de asfixiar a parella nas Palmas de Gran Canaria

10/04/2025 16:00

O presunto autor do crime foi localizado nunha estación de autobuses tras fuxir da illa

A vítima, de 49 anos, apareceu sen vida con signos de violencia no seu domicilio


A Garda Civil investiga un suposto caso de violencia machista a unha camareira na Coruña

10/04/2025 14:32

Todo se destapou cando o fillo a chamou para advertila de que o pai se dirixía ao local para matala


Prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido polo crime do Bolo

08/04/2025 13:17

O home está investigado polos delitos de homicidio e malos tratos habituais, coa concorrencia de agravante de parentesco


A porta da vivenda onde sucederon os feitos no Bolo

O sobriño da muller asasinada no Bolo: "Estamos consternados, hai que denunciar"

07/04/2025 12:28

O primeiro asasinato por violencia de xénero en Galicia e o sétimo en España no que vai de 2025

Josefa, de 76 anos, foi asasinada polo seu marido, que permanece detido á espera de pasar a disposición xudicial

O Bolo decreta tres días de loito mentres se suceden os actos de condena ao crime en diversos puntos de Galicia


Un coche da Garda Civil no lugar dos feitos. FOTO: OSIL.info

Detido un home de 72 anos no Bolo por matar a muller cun coitelo

06/04/2025 21:07

Segundo os primeiros datos, o suposto homicida atacou a súa parella cunha arma branca na parroquia das Ermidas

A vítima, de 76 anos, non estaba inscrita no sistema Vioxén de protección nin constaban denuncias previas contra o seu home

O presidente da Xunta condena o asasinato machista das Ermidas


Axentes da Policía traballan no polígono industrial das Gándaras, a 23 de novembro de 2023. (Adrián Irago/Europa Press/Arquivo)

Decretan liberdade para o detido por matar unha muller no Porriño, pero seguirá en prisión por outra causa

04/04/2025 12:30

O Ministerio Fiscal solicitou a posta en liberdade pola expiración do prazo máximo de prisión provisional e a ausencia de novos indicios

O sospeitoso continúa como investigado neste procedemento a falta da resolución das probas de ADN


Arquivo

Detido un mozo de Asturias tras contactar cun menor de Pontevedra con fins sexuais

04/04/2025 11:57

O arrestado, de 20 anos, intercambiaba cos menores fotografías e vídeos de contido erótico e despois tentaba concertar encontros persoais coas vítimas 

O mozo quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial

 


Ramona, á dereita, nai da nena asasinada, durante o minuto de silencio gardado este mércores no Concello de Murcia (EFE/Marcial Guillén)

Deteñen un home de Murcia acusado de asasinar con pastillas a filla da súa exparella

02/04/2025 13:24

A nai da vítima di que o home quería vingarse dela pola ruptura

Á media tarde deste martes chamou á nai da pequena para dicirlle: "A nena xa está no ceo"


A Fiscalía recorrerá ante o Supremo a absolución de Dani Alves

02/04/2025 12:19

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña revogou a semana pasada a sentenza que en primeira instancia condenara o exfutbolista do F. C. Barcelona


Arquivo/REUTERS/Peter Nicholls

Dimite o conselleiro delegado de Primark por un comportamento inapropiado cara a unha muller

31/03/2025 10:32

Marchant recoñeceu o seu erro e acepta que as súas accións "non cumpriron cos estándares esperados" pola firma téxtil


A Fiscalía pide unha condena de 18 meses para Gérard Depardieu por agresión sexual

27/03/2025 16:02

Tamén reclama unha multa de 20.000 euros, unha indemnización ás vítimas e cinco anos durante os que non podería optar a ningún cargo electo


A Brancaneves 'politicamente correcta' de Disney fracasa nos cines

25/03/2025 12:37

Polémica por elixir unha protagonista de orixe colombiana e recrear os ananos por ordenador 

A estrea de 'A Sereíña' xa alporizara os mais puristas porque Ariel estaba interpretada por unha actriz afroamericana

Heroínas apoderadas triunfan na rúa, e as princesas Disney perden pulo


Entrégase en comisaría o presunto agresor da súa exparella en Paiporta

22/03/2025 09:49

O suposto autor fuxira a pé do lugar dos feitos tras asestarlle tres coiteladas a muller de 29 anos


Faise un ano e un día sen Andrea Yturri, a moza de Palmeira asasinada pola exparella

20/03/2025 14:30

O agresor está en prisión provisional, á espera do xuízo para o que aínda non hai data

Unha placa na praza do concello lembra a Andrea, a primeira muller asasinada por violencia machista en Ribeira


José Bretón, condenado polo asasinato dos seus dous fillos

Suspendida a distribución do libro coas confesións de José Bretón, condenado por asasinar os dous fillos

19/03/2025 20:31

A nai dos pequenos enviou un burofax á editorial Anagrama advertindo da ilegalidade da publicación


Imaxe de arquivo da Audiencia da Coruña

Condenado a cinco anos de cárcere por abuso sexual a unha muller nun aparcadoiro subterráneo da Coruña

17/03/2025 17:30

A vítima ten unha intelixencia límite, cunha minusvalía do 35% e non foi capaz de reaccionar

Os maxistrados subliñan na sentenza que quedou probado que non concorreu consentimento


Conceden a viuvez polo seu exmarido a unha vítima de violencia machista que non o denunciou

17/03/2025 11:57

O Xulgado do Social Número 3 de Vigo denegáralle a pensión, pero a sentenza da Sala do Social do alto tribunal galego dálle a razón ao advertir de que a ausencia de denuncias previas non se pode considerar como unha actuación irrazoable e menos como unha proba excluínte da violencia de xénero cando todos os demais datos indiciarios apuntan cara á súa existencia

A sentenza, que outorga o dereito da muller ás prestacións de viuvez e condena ao seu aboamento ao Instituto Nacional da Seguridade Social, non é firme, debido a que cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo

Publicidade
Publicidade