Novas
Contido coa etiqueta .
Accidente De Angrois

"No o viviu porque perdeu o coñecemento, e agora di como é posible vivir despois disto"
23/03/2023 14:43
As vítimas do accidente do Alvia seguen relatando no xuízo como foi o impacto e o seu proceso de recuperación
Peritos dunha e outra parte puntualizan as coincidencias e discrepancias sobre a evolución e as secuelas en cada caso

Avogados das vítimas e das aseguradoras seguen confrontando os peritos no xuízo do Alvia
16/03/2023 14:37
A sesión deste xoves centrouse sobre todo nos criterios de avaliación psicolóxica
A maxistrada limitou o debate dos letrados, pero admitiu todas as achegas dos especialistas sobre a depresión e o estrés postraumático

21/02/2023 14:34
Os afectados apelan no xuízo ao Estatuto da vítima para denunciar dano moral por revitimización polas obstrucións de organismos oficiais na investigación

O voceiro da plataforma das vítimas do Alvia di que non hai reparación posible
18/02/2023 14:16
Jesús Domínguez admite que o testemuño das vítimas no xuízo é a fase máis dolorosa
Confía en que se castigue os culpables para que non volva suceder

Jesús Domínguez: "Todo iso ten unhas responsabilidades políticas e as vítimas somos incómodas"
17/02/2023 10:49
"Están sendo días moi duros, pero tamén forma parte da participación activa das vítimas e por iso estamos declarando", di o presidente da Plataforma de Vítimas do Alvia, tras as primeiras declaracións na fase civil do xuízo

Os sobreviventes do accidente do Alvia sentían que morrían entre po e entullos
15/02/2023 14:33
Na segunda sesión da fase de responsabilidade civil do xuízo polo accidente de Angrois as testemuñas rememoran o seu pesadelo
As secuelas físicas e psíquicas impídenlles recuperar a súa vida anterior

As vítimas do Alvia emocionan cos seus testemuños no inicio da fase civil do xuízo
14/02/2023 15:04
"Subín a un tren con 35 anos, chea de enerxía e vitalidade, e baixei sendo unha persoa enferma", di unha pasaxeira que ía no Alvia o día do accidente
"Calquera cantidade que me poida corresponder en ningún momento vai suplir a saúde que eu tiña", di unha moza que viaxaba a Ferrol

O perito da defensa do ADIF reponsabiliza do accidente do Alvia a desatención do maquinista
31/01/2023 15:14
Antonio Puyol recoñeceu que antes do accidente de Angrois os cambios bruscos de velocidade non se consideraban un perigo
Di que a contención do risco da infraestrutura se fai rebaixando moito o límite de velocidade que se pon no cadro dos maquinistas
.png)
O informe "non achega nada" para esclarecer o sinistro, dille a xuíza a un perito do Adif
25/01/2023 09:04
A maxistrada díxolle ao avogado das vítimas que vía "un tanto inútil" o interrogatorio e que "non é cuestión de estar por estar"
Ismael Martín Maldonado, membro da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, admitiu que o estudo se elaborou por mor do "balbordo na prensa"

A CIAF recoñece que descartou a colocación de balizas na liña de Angrois
18/01/2023 09:05
Descartou a petición de Renfe de instalalas porque “non era tan fácil” e provocaban fallos co sistema ASFA, segundo explicou o secretario da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviario
O sistema ERTMS “dera problemas” e por tanto o seu cambio “estaba xustificado”, dixo Edmundo Parras