Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez anos da traxedia de Angrois

Dez anos da traxedia de Angrois

As vítimas do accidente do Alvia convocaron unha manifestación no Obradoiro e unha concentración en Angrois para esixir responsabilidades

As vítimas do Alvia confían na independencia da xuíza fronte ao Pacto da Curva

G24.gal 24/07/2023 10:45

As vítimas do accidente do Alvia convocaron unha manifestación no Obradoiro e unha concentración en Angrois para esixir responsabilidades, xusto o día en que se cumpren dez anos da traxedia ferroviaria e na semana en que termina o xuízo iniciado en outubro de 2022 con dous únicos procesados, o maquinista e un exdirectivo do ADIF.

No sinistro faleceron 80 persoas e 145 quedaron feridas. Nestes días achegase a fin do xuízo penal contra os dous procesados: o maquinista Francisco Garzón e o exdirector de seguridade do ADIF Andrés Cortabitarte.

Ás nove menos vinte da noite do 24 de xullo de 2013, pouco antes de chegar á estación de Santiago, o tren Alvia descarrilaba na curva de Angrois. No sinistro faleceron 80 persoas e 145 quedaron feridas. Dende entón as familias das vítimas piden xustiza.

En outubro do ano pasado comezaba o xuízo penal con dous procesados: o maquinista Francisco Garzón e o exdirector de Seguridade do ADIF Andrés Cortabitarte. Na súa declaración o maquinista pedía perdón ás vítimas.

O mes pasado a fiscalía decidiu desimputar o exdirector de seguridade do ADIF Andrés Cortabitarte.  Unha decisión que sorprendeu ás familias das vítimas. As acusacións particulares manteñen a imputación contra el.

O xuízo prevese que remate o vindeiro xoves, día 27, e a sentenza determinará a responsabilidade dos acusados no accidente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade