Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vítimas do Alvia emocionan cos seus testemuños no inicio da fase civil do xuízo

As vítimas do Alvia emocionan cos seus testemuños no inicio da fase civil do xuízo

"Subín a un tren con 35 anos, chea de enerxía e vitalidade, e baixei sendo unha persoa enferma", di unha pasaxeira que ía no Alvia o día do accidente

"Calquera cantidade que me poida corresponder en ningún momento vai suplir a saúde que eu tiña", di unha moza que viaxaba a Ferrol

G24.gal 14/02/2023 15:04

"Non podía moverme e só dicía: señores, señores. Foi algo horrible, foi horrible". "Non hai cartos que paguen a impotencia que se sente cando deixas unha persoa sentada no que ti cres que é a mellor opción para que viaxe". Era o relato por videoconferencia das primeiras testemuñas: unha muller que viaxaba no tren e a súa filla, que soubo do accidente vendo a tele.

O xuízo acababa de comezar e a xuíza non puido conter as bágoas "é a primeira, e xa estou chorando".

Un a un, os pasaxeiros do Alvia reviviron a súa historia: "Aquelo era unha batidora. O meu corpo saíu disparado e ía dándome golpes"; "Eu saín cara a un lado. O meu neno, cara a outro".

Todos colleron aquel tren cun plan e saíron del con feridas que lles cambiaron a vida. "Calquera cantidade que me poida corresponder en ningún momento vai suplir a saúde que eu tiña o 23 de xuño de 2013", dixo unha moza que viaxaba cara a Ferrol.

"Eu subín a un tren con 35 anos, chea de enerxía e vitalidade, que me ía de vacacións e baixei sendo unha persoa enferma", engadiu outra. Danos non só físicos, que non curan.  

Cristóbal González, presidente da Asociación de Prexudicados polo Accidente Ferroviario do Alvia, pedía que non demore máis, "que se peche pronto isto porque se está sufrindo moito"· Isto, dixo, "non se supera".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade