Publicador de contidos

Publicador de contidos

Facerse ver ante os coches, clave para previr atropelos

Facerse ver ante os coches, clave para previr atropelos

O atropelo mortal de Sandiás pon de relevo a importancia de levar chaleco reflector

O maior perigo está nas vías interurbanas, pola noite ou con tempo adverso

G24.gal 02/05/2025 14:25

É un atropelo que se repite con frecuencia. Un peón camiña pola beiravía dunha estrada vestido de escuro, con pouca luz ou tempo adverso. Cando o condutor se decata de que está, xa é demasiado tarde.

"Se non vas visible estás en perigo, o condutor non te da esquivado, non pode evitar o atropelo. É moi importante, sobre todo cando os peóns circulan fóra de poboado, con pouco visibilidade, agora que está tan de moda o de correr ou pasear, que leven chaleco ou prendas reflectoras", explica Begoña Castro, profesora da autoescola Gende, de Ordes.

O perigo é máis evidente nas vías interurbanas, con tráfico intenso, casas preto e escaseza de beirarrúas ou pasos para os peóns. Facerse ver ante o tráfico é fundamental pero...

"Eu non o levo, non teño costume"; "Eu tampouco, está no coche, pero nada máis"; "Falta concienciación do perigoso que é, é un perigo real ir con roupa escura pola estrada, hai que facer máis campañas", din algúns viandantes.

A recomendación vólvese obriga cando cae a noite ou o tempo dificulta a visión. Tamén cómpre prestar atención ao cruzar evitando curvas ou cambios de rasante. E extremar a precaución se se trata de persoas maiores ou con problemas de mobilidade.

"Ademais é probable que non teñan beirarrúa, nin paso para cruzar ou que a beiravía sexa moi estreita. Pero tamén eles teñen que aprender a ser bos peóns, circulando pola esquerda e buscando o sitio máis seguro para camiñar preto do tráfico", engade a profesora de autoescola.

Os coches terán que compartir responsabilidade gardando un metro e medio de distancia cando adiantan peóns fóra de poboado. Pero antes teñen que velos, e iso será moito máis probable se levan posto o chaleco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos