Máis de 1.200 raios caen en Galicia durante as últimas 24 horas
Hai avisos por actividade treboenta
Chuvia puntualmente intensa acompañada de pedrazo
Esta ponte festiva en Galicia está a ser totalmente pasada por auga. Incluso os tronos e lóstregos se fixeron sentir ben en moitas zonas.
Segundo os datos de Meteogalicia rexistráronse máis de 1.200 raios nas últimas 24 horas, entre a tarde do xoves e deste venres, 2 de maio.
As tormentas rexistradas nas últimas horas por todo o territorio galego deixaron decenas de incidencias ao longo da comunidade, con sotos asolagados e cableado e árbores caídos, entre outros danos.
Este venres houbo que saír xa preparado da casa á primeira hora paraugas en man en case toda Galicia. Os que non queren que o ceo os colla desprevidos teñen xa a rutina de consultar as previsións.
E é que a estación primaveral é por natureza inestable. Xa todos o sabemos e hai que adaptarse.
Meteogalicia explica que durante a fin de semana continuarán os chuvascos tormentosos, máis intensos durante as tardes. Ademais, as temperaturas irán á baixa.
Para este sábado, 3 de maio, Aemet activa unha alerta amarela nas provincias da Coruña e Lugo por tormentas e choivas entre as 9:00 e as 20:00 horas.
Case toda España está en alerta por chuvia e por treboadas.
Quince das dezasete comunidades autónomas, entre elas Galicia, teñen avisos activados. Todas amarelo agás Aragón, a Comunidade Valencia e Castela-A Mancha, con aviso laranxa, o que xa implica un risco importante.