Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home atropelado por un vehículo en Sandiás

Morre un home atropelado por un vehículo en Sandiás

Foi o propio condutor do vehículo implicado no accidente quen alertou os servizos de emerxencia

(Imaxe: Garda Civil de Tráfico)
G24.gal 01/05/2025 08:10 Última actualización 01/05/2025 17:22

Un home de 80 anos faleceu na noite deste mércores tras ser atropelado por un vehículo na parroquia Couso de Limia de Sandiás, no quilómetro 4 da estrada OU-531, que une Xinzo de Limia con Celanova, segundo informou 112 Galicia.

O condutor do vehículo implicado contactou cos servizos de emerxencias e indicou desde o primeiro momento que a persoa atropelada estaba inconsciente.

O sinistro produciuse sobre as 23:00 horas. Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil de Tráfico. Os servizos médicos só puideron certificar o pasamento da vítima.

A Garda Civil explicou que o peón vestía totalmente de escuro, sen facer uso de ningunha peza reflectora.

"Se esa persoa levara un chaleco reflector, se cadra o condutor podía percibir que esa persoa se encontraba na vía e facer unha manobra evasiva que evitara o atropelo. Pero neste caso non puido ser, ía totalmente de escuro e non era nada visible, Por iso é importante que unha persoa que ande pola estrada que sexa, que leve sempre o chaleco reflector para ser visto", explica Eloy Silvariño Mallón, tenente da Unidade de Investigación de Seguridade Viaria en Ourense. 

"É duro dicilo pero igual isto víase vir, porque el andaba moito de noite por aquí, moitas veces. E non sei o que ía facer a esas horas por aí", comenta un veciño da vítima de Vilariño das Poldras.  

O condutor deu negativo nas probas de alcol e drogas e as dilixencias do caso instrúeas o Equipo de Investigación da Garda Civil en Verín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade