Unha inmobiliaria de Vigo sofre un ciberataque: "Recibimos máis de 2.000 chamadas en só 5 horas"
Os cibercarrachos publicaron, no seu nome, ofertas de pisos moi baratos en 20 cidades de toda España
Recibiron chamadas dende Francia ou países do Leste que colapsaron a súa web
Foi un ciberataque que sufriron poucas horas despois do apagamento. No nome dunha inmobiliaria de Navia, en Vigo, apareceron ofertas de pisos a moi bo prezo no servidor Fotocasa.pro.
Unha inmobiliaria pequena de Vigo que recibiu chamadas e correos electrónicos dende Francia ou dende Europa do Leste. Foron horas de non poder atender os seus clientes habituais porque tiñan as liñas colapsadas.
Conseguiron bloquear os anuncios e poñer teléfonos ficticios para evitar que seguiran chamando. Non teñen nin idea de como conseguiron as claves nin que pretendían co ataque.
O propietario da inmobiliaria xa presentou a correspondente denuncia na comisaría da Policía Nacional de Vigo.