Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reparan a fochanca de Peinador, que volverá estar operativo ás 16:00 horas

Reparan a fochanca de Peinador, que volverá estar operativo ás 16:00 horas

En total houbo que cancelar cinco voos e desviar outros catro 

Malestar entre os viaxeiros dos voos desviados a Santiago

G24.gal 21/03/2023 13:55 Última actualización 21/03/2023 15:01

O aeroporto vigués de Peinador volverá estar operativo ás catro desta tarde, segundo informa Aena.

Así pois, permanecería pechado 21 horas, desde que este luns ás sete se localizou unha focha na pista que obrigou a pechar as portas do aeródromo e a levar a cabo obras de reparación.

O balance, segundo Aena, é de cinco voos cancelados e outros catro con chegada a Vigo desviados ao aeroporto de Santiago de Compostela, desde onde se operaron ou se van operar, o que obrigou a desprazar en autobús os pasaxeiros.

Son en total 2.300 os pasaxeiros afectados por este incidente na pista. Centos deles perderon a viaxe.

Os problemas na pista de Peinador son recorrentes nos últimos tempos e un suceso similar obrigou a pechar a pista no último día do ano 2021. Volveu ocorrer outra vez o verán pasado, no mes de xullo, aínda que nesa ocasión o incidente non afectou a actividade do aeroporto.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo que xa hai solución por parte de Aena, pero a oposición denuncia a falta de mantemento da infraestrutura. Para o BNG é inaceptable e piden solucións urxentes para Peinador e os populares lamentan a falta de compromiso do Executivo central. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade