Publicador de contidos

Publicador de contidos

Peinador continúa pechado: cinvo voos cancelados e outros catro desviados

Peinador continúa pechado: cinvo voos cancelados e outros catro desviados

A fochanca localizada na pista do aeroporto vigués este luns ao serán impide a chegada e a saída de avións

En total hai 22 voos previstos para este martes en Peinador e as cancelacións e os desvíos está previsto que sexan máis

G24.gal 21/03/2023 10:08 Última actualización 21/03/2023 11:48

O aeroporto vigués de Peinador continúa totalmente pechado, despois de que na tarde do luns aparecese unha focha que pon en risco a engalaxe e aterraxe de avións.

Aena continúa cos traballos de reparación da pista, e mentres tanto este martes xa se cancelaron cinco voos e catro máis desviáronse.

Eses catro avións desviados foron reconducidos ao aeroporto Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, onde teñen previsto tamén tomar a saída cara aos seus destinos. Os viaxeiros foron trasladados en autobús ata o aeródromo da capital galega.

A xestora de aeroportos informou de que había programados este martes ata 22 voos con destino ou orixe Vigo, polo que o número de cancelacións e desvíos previsiblemente irá crecendo ao longo do día.

O dano na pista localizouse pasadas as 19:00 horas de onte. Consecuentemente, o aeródromo foi declarado inoperativo, cancelando os voos que debían saír del e desviando os que tiñan Vigo como destino.

Os problemas na pista de Peinador son recorrentes nos últimos tempos e un suceso similar obrigou a pechar a pista no último día do ano 2021. Volveu ocorrer outra vez o verán pasado, no mes de xullo, aínda que nesa ocasión o incidente non afectou a actividade do aeroporto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade