Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outra fochanca nunha pista do aeroporto de Vigo

Outra fochanca nunha pista do aeroporto de Vigo

Segundo Aena, o incidente non afectou a actividade do aeroporto

G24.gal 08/07/2022 20:11 Última actualización 08/07/2022 20:22

Novo percance no aeroporto vigués de Peinador.

Só está operativa unha das cabeceiras de pista, por mor dunha pequena fochanca na outra.

Desta vez ningún vóo se viu afectado e mantéñense todas as engalaxes e aterraxes previstas.  

Os técnicos de AENA están a avaliar o estado da pista para solucionar esta incidencia.

Non é a primeira vez que unha fochanca altera a actividade en Peinador.

No mes de xaneiro o aeroporto permaneceu pechado dous días e 30 vóos foran suspendidos por unha cavidade no asfalto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade