Contido con Xeográficas .
Ourense

Ourense activará en maio os novos radares urbanos
25/04/2025 14:20
Trátase de sete aparellos fixos e un móbil, distribuídos por distintas rúas da contorna urbana
Os límites de velocidade oscilan entre os 30 e os 80 quilómetros por hora

Polémica polas gardas farmacéuticas na comarca do Ribeiro
25/04/2025 14:04
As dúas farmacias de Ribadavia solicitan un novo reparto de gardas para non asumilas todas
As do rural néganse porque o consideran un trastorno para os usuarios

Unha potencia en cadaleitos: nove fábricas nun concello con mil habitantes
24/04/2025 22:13
Para poñer en valor o seu oficio, Piñor vai abrir a Casa do Cadaleito, un centro expositivo pioneiro en España

Retiran un enxame de 30.000 abellas dunha bandeira nun hotel do Carballiño
24/04/2025 14:15
A Policía Local valou a zona ata que un apicultor retirou o enxame coa axuda dun guindastre
Houbo preocupación entre os viandantes, porque había persoas alérxicas á picada das abellas

23/04/2025 14:15
Tristura na localidade ourensá pola súa veciña, octoxenaria e con alzhéimer
Desde hai dous anos vivía co seu irmán que a coidaba; o home quedou moi afectado

A investigación do ataque informático á Deputación de Ourense conclúe cun investigado
22/04/2025 17:06
O suposto autor logrou da conta bancaria da entidade provincial dúas transferencias por un valor de 89.999 euros e 80.000 euros respectivamente

Denuncia o roubo de 11.000 euros en criptomoedas
22/04/2025 13:50
O bufete que lle leva o caso alerta de que cada vez hai máis vítimas
En ano e medio levan acumulado denuncias por importe duns trescentos mil euros só en Ourense

A DXT difunde o vídeo do coche que chocou contra unha rotonda en Ourense
22/04/2025 09:16
O vehículo quedou espetado contra a miniatura da ponte romana situada na rúa Castro Canseco de Ourense

"Estiven co papa Francisco en audiencia sete ou oito veces", conta un párroco ourensán
21/04/2025 14:35
Yerai Fariñas, párroco de Santa Eufemia do Centro, regaloulle unha camiseta do Dépor ao Sumo Pontífice

Miles de viaxeiros ateigan a intermodal de Ourense na operación retorno da Semana Santa
20/04/2025 21:05
Renfe reforzou con máis de 4.200 prazas extra a conexión Galicia-Madrid
O ultimo día de vacacións ofreceu dous trens especiais Avlo, un en cada sentido

Morre un condutor de 92 anos que chocou contra un muro tras sufrir un infarto
20/04/2025 19:13
O home quedou gravemente ferido tras o impacto contra o muro de pedra dunha vivenda e posteriormente morreu no hospital
O equipo médico certificou que a vítima tivera un infarto antes de saír da vía e chocar contra o muro en Amoeiro
O coche da vítima carecía de seguro e non pasara a ITV, e o ancián tiña o permiso de conducir caducado desde 2019

Os antigos carros de vacas reciben os fregueses en Xunqueira de Espadanedo
20/04/2025 14:47
É a fin do coñecido como sábado longo, unha tradición na que os mozos saían a facer trasnadas toda a noite
Ademais, levaban para as portas da igrexa todo tipo de aparellos de labranza

Viño, música tradicional e un patrimonio único na ruta das Covas de Seadur
20/04/2025 09:38
Dende hai dúas décadas os veciños desta aldea do concello de Larouco abren as portas das súas peculiares covas e adegas aos visitantes

A apertura de Manzaneda foi un reclamo este Domingo de Pascua para deportistas e visitantes
19/04/2025 23:13
A neve caída nos últimos días permite que Manzaneda poida prolongar a tempada de esquí esta fin de semana
Manzaneda abriu oito pistas que suman 6,2 quilómetros esquiables

O tirón da Ribeira Sacra fai que se encha de turistas durante esta Semana Santa
18/04/2025 09:32
Os miradores cara os canóns do Sil, o mosteiro de Santa Cristina e paseos en catamarán son atractivos para o visitante

Xunqueira de Ambía loce o seu órgano en Semana Santa
17/04/2025 21:11
O organista da colexiata é un mozo de 20 anos que xa está adestrando o seu irmán pequeno para que lle dea a remuda

Rescatada unha muller de avanzada idade nunha zona escarpada do Pereiro de Aguiar
17/04/2025 09:35
Os equipos de rescate deron con ela nunha zona rochosa e de acceso complicado despois de varias horas de busca
A muller, de mobilidade reducida, foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Un home, con queimaduras tras un incendio na cociña dunha cafetería de Ourense
16/04/2025 14:50
A rápida intervención dos bombeiros evitou que as lapas se estendesen, pero a cociña ardeu case por completo

Preocupación entre comerciantes do Barco de Valdeorras por unha vaga de roubos en negocios
15/04/2025 14:16
Nas últimas semanas levan contabilizados entre 15 e 20 roubos en tendas e tamén nalgún garaxe
Por iso piden a apoio da cidadanía para que colaboren con eles e coas forzas de seguridade para frear estes continuos roubos

Desmantelada unha rede liderada por un veciño de Melón acusada de estafar empresas do sector do mar
15/04/2025 11:46
A banda realizaba operacións de compravenda fraudulentas e despois branqueaba os cartos transferindo os beneficios a contas bancarias europeas
A Garda Civil incautouse de documentación relevante no domicilio do líder da banda, que quedou en liberdade á espera de xuízo

A reapartura da praza de abastos de Ourense volve atrasarse: non hai acordo co Concello
14/04/2025 14:20
O Concello ordena á empresa concesionaria que inicie o proceso para trasladarse ao edificio rehabilitado, senón serán desaloxado nuns meses
Os praceiros din que o problema é que as instalacións non están acondicionadas, que non hai auga, nin luz, nin sumidoiros
Levan tres anos de negociación porque discrepan sobre quen ten que facer o investimento para rematar as obras

A Garda Civil de Ourense atenderá os peregrinos dende unha oficina móbil
14/04/2025 14:18
Tres axentes atenderán a oficina, que permitirá facer trámites en liña e dará servizo tamén á poboación do rural
Foi presentada en Entrimo, que promove a inclusión do camiño Miñoto Ribeiro como ruta xacobea oficial

Absolto en Ourense o acusado de extorsionar a súa veciña octoxenaria
14/04/2025 13:35
O home estaba acusado de extorsionar, coaccionar, deter ilegalmente e estafar a súa veciña, á que coidou e que o designou como herdeiro universal pouco antes de falecer
A muller, que tiña unha mala relación coa súa filla, desherdouna por "negarlle os alimentos e a asistencia"

Antigas palleiras rehabilitadas para vivendas en alugueiro en Parada de Sil
13/04/2025 21:11
Trátase dunha iniciativa do concello para facer fronte á escasa oferta e conseguir asentar poboación no rural
O traballo de rehabilitación recibiu varios recoñecementos a nivel arquitectónico

A faciana máis doce da Semana Santa atopámola nas pastelerías
13/04/2025 15:22
Roscas de Pascua, ovos e monas de chocolate ou torradas son o máis demandado nestas datas

Detidas tres persoas en Ourense por agredir un home cunha pa e un martelo
11/04/2025 13:08
Os efectivos localizaron o home con diversas feridas e contusións na cabeza

Dous detidos en Ourense por roubos con forza e furtos
11/04/2025 12:18
A primeira detención produciuse o 21 de marzo e ao sospeitoso impútanselle varios roubos

Ferido un home tras chocar o coche en que viaxaba cunha retroescavadora en Celanova
10/04/2025 16:05
Unha muller tamén viaxaba no coche e advertía da posibilidade de que un home permanecese atrapado no interior do vehículo

A capela de Cortegada renace das ruínas para ser o centro de acollida dos visitantes da illa
10/04/2025 15:10
O proxecto levou unha década de planificación e execución e un investimento de 700.000 euros
Cultura e Medio Ambiente asinaron un convenio para realizar outras iniciativas neste espazo do Parque Natural das Illas Atlánticas

Unha tubaxe de auga quente explota e causa outra derruba dun falso teito na entrada do CHUO
09/04/2025 21:34
Este suceso ocorre 11 días despois dun desprendemento no servizo materno-infantil
Fontes do CHUO confirmaron os feitos e aseguraron que a avaría se reparou "inmediatamente", recuperando a plena normalidade en menos de 30 minutos

32 graos en abril, a provincia de Ourense marca este mércores as máximas de España
09/04/2025 20:02
32,4º graos rexistrados en Leiro e 32,3º no centro da capital, os valores máximos rexistrados este mércores
As beiras dos ríos, os paseos e as terrazas están ateigadas de xente para disfrutar dun día de verán

Preocupación pola delincuencia no barrio ourensán da Ponte
09/04/2025 13:37
Veciños dos barrios ourensáns da Ponte, o Vinteún e Santa Teresita están recollendo sinaturas en demanda de máis vixilancia e protección
Séntense inseguros pola proliferación de roubos e agresións derivadas, aseguran, do consumo de drogas

Deteñen un home en Pontevedra nunha operación de explotación sexual infantil en Europa
09/04/2025 11:42
Esta operación, desenvolta entre marzo e abril deste ano noutros 11 países europeos e bautizada como Fever, supuxo a detención de 166 persoas, 774 rexistros domiciliarios, a incautación de 6.000 dispositivos electrónicos e a intervención de máis de 594.000 arquivos de imaxes e vídeo de abusos sexuais a menores

Adif anuncia un novo paso para vehículos baixo a liña de tren no Barco e a peonalización do actual
09/04/2025 11:31
Esta obra busca mellorar a conexión entre ambos lados da vía e a seguridade viaria ao separar peóns e vehículos
A acción enmárcase dentro do convenio de colaboración entre Adif e o Concello do Barco de Valdeorras

Polémica en Xinzo de Limia polo décimo da Lotería Nacional que lle chama 'Ginzo'
08/04/2025 15:13
Hai desconcerto e incluso enfado pola deturpación do nome oficial en galego
Ademais pon 'Orense', que tampouco está ben, segundo o artigo 10 da a Lei 3/1983, de 15 de xuño
Todos os grupos municipais van esixir que se respecte o topónimo oficial ao Ministerio de Facenda e a Loterías e Apostas do Estado, e o BNG vai reclamar nas Cortes o respecto pola lei e os dereitos lingüísticos de Galicia

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido polo crime do Bolo
08/04/2025 13:17
O home está investigado polos delitos de homicidio e malos tratos habituais, coa concorrencia de agravante de parentesco

Unha lápida datada en 1924 é a máis antiga coñecida escrita en galego
07/04/2025 20:46
Rescatárona do cemiterio de Baño, en Bande, antes de que o camposanto quedara asolagado polo encoro

O Concello de Barbadás publica os obxectos perdidos nas redes sociais
07/04/2025 14:24
A oficina de obxectos perdidos está ubicada na sede da Policía Local, onde xa acumulan máis de 300
Para axudar a recuperalos están empregando as redes socias, onde se poden ver os obxectos que recollen

A defensa do condenado polo crime de Velle pide rebaixa da pena e rexeita que fose premeditado
07/04/2025 14:17
Fiscalía pide que se manteña a condena a 22 anos de cárcere na apelación ante o TSXG
Asasinou a parella do seu curmán a coiteladas e a tentouno tamén con el

07/04/2025 12:38
A Audiencia Provincial de Ourense impúxolle o pago dunha indemnización á familia da vítima de 150.000 euros