Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os antigos carros de vacas reciben os fregueses en Xunqueira de Espadanedo

Os antigos carros de vacas reciben os fregueses en Xunqueira de Espadanedo

É a fin do coñecido como sábado longo, unha tradición na que os mozos saían a facer trasnadas toda a noite

Ademais, levaban para as portas da igrexa todo tipo de aparellos de labranza 

G24.gal 20/04/2025 14:47 Última actualización 20/04/2025 15:59

Os carros volveron cantar polas rúas de Xunqueira de Espadanedo na noite deste Domingo de Resurrección. Coa luz do día, atados formando un arco e decorados con verzas, son paso obrigado para os que acoden á misa.

Noutrora, esta tradición estaba protagonizada tan só polos mozos solteiros pero foi mudando e adaptándose, para garantir a súa supervivencia.

Tras ela está a Asociación Cultural Os Xuncos, que mesmo chegou a mercar algún carro para que non se perda a esencia do coñecido como sábado longo, unha noite de trasnadas coa que se celebraba a fin da Coresma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade