Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un condutor de 92 anos que chocou contra un muro tras sufrir un infarto

Morre un condutor de 92 anos que chocou contra un muro tras sufrir un infarto

O home quedou gravemente ferido tras o impacto contra o muro de pedra dunha vivenda e posteriormente morreu no hospital

O equipo médico certificou que a vítima tivera un infarto antes de saír da vía e chocar contra o muro en Amoeiro

O coche da vítima carecía de seguro e non pasara a ITV, e o ancián tiña o permiso de conducir caducado desde 2019

O coche da vítima espetado no muro tras o accidente
G24.gal 20/04/2025 19:13 Última actualización 20/04/2025 23:23

Un home de 92 anos morreu tras írselle o coche da vía e chocar contra o muro de pedra dunha vivenda. O accidente ocorreu ás 12:27 horas desde domingo na estrada OU-0526 que vai de Ourense a Amoeiro. Foi no quilómetro 3,400, en sentido decrecente, preto de Ourense, en Amoeiro.

O home foise por fóra da vía pola marxe dereita e posteriormente bateu contra o muro. A vítima era o único ocupante do vehículo e quedou ferida grave por mor do impacto. Foi reanimado durante 20 minutos polo 061 no mesmo lugar do accidente e posteriormente trasladado ao complexo hospitalario de Ourense, o CHOU, a onde chegou aínda con vida.

No hospital nada puideron facer pola súa vida, a vítima faleceu na tarde deste domingo no hospital. O equipo médico determinou que o ancián non morreu por causa do impacto, senón que morreu por un infarto de miocardio previo, que o fixo saír da estrada e impactar contra o muro.

O informe da Garda Civil rexistra que o ancián morreu de morte natural. No seu informe, os axentes tamén explican que o coche da vítima, da marca FIAT, carecía de seguro e non pasara a ITV e que o ancián tiña o permiso de conducir caducado desde 2019.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade