Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Barbadás publica os obxectos perdidos nas redes sociais

O Concello de Barbadás publica os obxectos perdidos nas redes sociais

A oficina de obxectos perdidos está ubicada na sede da Policía Local, onde xa acumulan máis de 300

Para axudar a recuperalos están empregando as redes socias, onde se poden ver os obxectos que recollen

 

Desde o Concello de Barbadás publican nas redes sociais os obxectos perdidos para axudar a que os donos os recuperen
G24.gal 07/04/2025 14:24

Atopar un obxecto na rúa non é unha sorte... é unha obriga adquirida: a de devolvelo entregándollo á Policía. E non é cuestión de ser bo cidadán, é o que manda o Código Civil. Os axentes custodian todos eses obxectos, e ás veces ninguén vai por eles. Na Policía Local de Barbadás decidiron publicar en redes sociais todos os que teñen almacenados, a ver se alguén os reclama.

Coñecen as oficinas de obxectos perdidos?  Nesta do concello de Barbadás, situada na sede da Policía Local, hai máis de 300 artigos agardando a que os donos veñan reclamalos. Para axudar a recuperalos están empregando as redes socias, onde se poden ver os obxectos que recollen. 

O obxectivo é dar a coñecer entre a cidadanía este servizo. Entre os obxectos que chegan hai de todo... E os de máis valor a Policía Local custódiaos nunha caixa forte. 

E se atopamos unha carteira con cartos? 

Os obxectos o os cartos en efectivo perdidos pódense reclamar ata dous anos despois, e, de non aparecer o dono, a persoa que os entregou poderá quedar con eles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade