Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación entre comerciantes do Barco de Valdeorras por unha vaga de roubos en negocios

Preocupación entre comerciantes do Barco de Valdeorras por unha vaga de roubos en negocios

Nas últimas semanas levan contabilizados entre 15 e 20 roubos en tendas e tamén nalgún garaxe

Por iso piden a apoio da cidadanía para que colaboren con eles e coas forzas de seguridade para frear estes continuos roubos

Na Tenda da Rita de produtos gourmet entraron roubar dúas veces a mesma semana
G24.gal 15/04/2025 14:16

Os comerciantes e empresarios do Barco de Valdeorras denuncian que están a sufrir unha preocupante vaga de roubos e din que lle está afectando gravemente ao comercio local. 

Desde a Asociación de Comerciantes do Centro Comercial Aberto aseguran que levan contabilizados entre 15 e 20 roubos en tendas e tamén nalgún garaxe. Din que o peor son os estragos que sofren nos seus establecementos. Por iso piden a apoio da cidadanía para que colaboren con eles e coas forzas de seguridade para frear estes continuos roubos. A Garda Civil anda tras a pista dos ladróns.

A tenda de Rita, situada na zona vella do Barco de Valdeorras, sufriu dous roubos seguidos a mesma semana, o terceiro que sofren nos últimos meses. A última vez romperon o cristal da porta, desta volta forzaron a ventá.

Hai preocupación entre os comerciantes porque din que levan sufrindo unha vaga de roubos nas últimas semanas. Aseguran que o peor son os estragos que deixan nos locais máis que os cartos que levan. 

"Estás preocupado porque chegas pola mañá e ves o estrago, e dis, outra vez, a miña cristaleira, non me roubaron nada, pero teño que colocar todo, dar parte ao seguro", di o presidente do Centro Comercial Aberto do Barco, Jacobo Arias.  

Desde o Centro Comercial Aberto, que agrupa un cento de comerciantes do Barco, pídenlle á cidadanía apoio para o comercio local. Mercando nas súas tendas, pero tamén colaborando coas forzas de seguridades se ven algo sospeitoso.

O subdelegado do Goberno en Ourense tamén se solidariza cos comerciantes barquenses e asegura que a Garda Civil anda xa tras a pista dos ladróns. 

"Os servizos da Garda Civil e a Policía Xudicial da Garda Civil están enriba do asunto. Teñen información e están desenvolvendo o seu traballo", asegura Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense.

O comercio é un dos piares económicos do Barco de Valdeorras e, por iso, desde o Concello xa tomaron medidas para reforzar a seguridade na vila

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade