Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT difunde o vídeo do coche que chocou contra unha rotonda en Ourense

A DXT difunde o vídeo do coche que chocou contra unha rotonda en Ourense

O vehículo quedou espetado contra a miniatura da ponte romana situada na rúa Castro Canseco de Ourense

Vídeo do accidente difundido pola DXT
G24.gal 22/04/2025 09:16

A Dirección Xeral de Tráfico publicou o vídeo do momento en que un vehículo se esnafraba contra a réplica da ponte romana situada nunha rotonda de Ourense.

O accidente sucedeu a finais de marzo, na rúa Castro Canseco de Ourense, onde un coche se espetaba contra a miniatura da ponte romana. A policía sospeitaba entón que a saída de vía se debera a que o condutor ía baixo os efectos do alcol.

O vídeo dura apenas uns segundos, nos que se pode apreciar que o vehículo se dirixe en liña recta cara á réplica, chocando de fronte contra ela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade