Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reapartura da praza de abastos de Ourense volve atrasarse: non hai acordo co Concello

A reapartura da praza de abastos de Ourense volve atrasarse: non hai acordo co Concello

O Concello ordena á empresa concesionaria que inicie o proceso para trasladarse ao edificio rehabilitado, senón serán desaloxado nuns meses

Os praceiros din que o problema é que as instalacións non están acondicionadas, que non hai auga, nin luz, nin sumidoiros

Levan tres anos de negociación porque discrepan sobre quen ten que facer o investimento para rematar as obras

 

A rehabilitación do edificio da praza de abastos está rematada, pero os praceiros din que está sen acondicionar cos servizos básicos.
G24.gal 14/04/2025 14:20

Os praceiros de Ourense non queren volver, polo de agora, á súa localización orixinal. O Concello colocounos case sete anos, provisionalmente na zona da alameda, mentres se acometía a reforma do edificio histórico da praza de abastos. Agora que a obra acabou, pídenlles que volvan. Pero os vendedores néganse. Alegan que o edificio está sen acondicionar. Non pensan volver ata que lles poñan auga, luz e sumidoiros.

"Queremos estar a gusto e ter o que hai que ter, auga, luz...", é o que di unha das 43 vendedoras e vendedores instalados nos postos provisionais na Alameda de Ourense. 

A ruptura das negociacións entre o Concello de Ourense e os praceiros sobre quen ten que financiar e rematar as obras de acondicionamento do edificio rehabilitado da praza de abastos volve atrasar o seu traslado

"Moi angustiados, nerviosos, porque nós ganamos un soldo, somos traballadores, de nós dependen moitas familias e moitos postos de traballo en Ourense".

"Vai facer sete anos que estamos aquí e agora falta o básico, fáltanos a auga, a luz, os sumidoiros, a saída de fumes, o montacargas... O básico dunha praza de abastos". 

"Non nos merecemos o que nos están facendo". 

E tras tres anos de negociacións e co apoio económico tamén da Xunta para desbloquear a situación por agora non hai acordo. 

"Desde o Concello o que din é que nós queremos que nos fagan os postos, e non, os postos estamos dispostos a facelos, pero é como se mercas un piso, ten que ter as subministracións".

"Desde o Concello non entenden que é un edificio municipal, que non é noso, se o edificio fose novo xa estaría rematado". 

O emblemático edificio do século XIX segue agardando o que se poidan instalar os praceiros. Din que tras a ruptura das negociacións co Concello e do ultimato para que desaloxen as instalacións provisionais, aseguran que se non hai acordo, terán que ir aos xulgados. 

"Nós só queremos traballar, alimentar as nosas familias e seguir adiante coas nosas vidas, iso terá que decidilo un xuíz, se nos imos ou non nos imos". 

"A ver o que nos di o xulgado, porque non nos queda outra, con pena, moita pena". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade