Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Santiago .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Santiago .

Santiago

Novo tren Avril en probas en Galicia

O AVE une desde o martes A Coruña e Vigo con Madrid en tempo récord

19/05/2024 16:32

O viaxe a A Coruña queda nas 3 horas e media, e a Vigo, pouco máis de 4

Haberá catro frecuencias diarias, dous por sentido, entre Madrid-Vigo e Madrid-A Coruña con paradas en Pontevedra, Vilagarcía e Santiago

Os primeiros servizos dos novos Avril S-106 daránlle desde o martes un impulso definitivo á alta velocidade en Galicia


Lugar onde se produciu a agresión na zona da Capela, en Carreira (Ribeira)

Buscan tres menores por unha malleira a un mozo en Ribeira

19/05/2024 15:48

Os feitos sucederon de madrugada no lugar da Capela, en Carreira

A Policía Local de Ribeira pide a colaboración cidadá para dar con eles e identificalos


Un dos vehículos implicados no sinistro

Dous condutores, de 66 e 22 anos, falecen nunha colisión frontal en Ordes

19/05/2024 08:59

Os vehículos bateron pouco antes das sete da mañá na estrada N-550, á altura da parroquia de Leira

Unha terceira persoa quedou ferida grave e foi trasladada ao hospital Clínico de Santiago


Autocar chega con viaxeiros ao aeroporto da Lavacolla en Compostela

A Xunta amplía horarios de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago

18/05/2024 13:32

Habilita unha liña máis por semana e outra os domingos con saída da Intermodal de Vigo

Toda a información relativa aos servizos está dispoñible na páxina web  https://www.bus.gal


Colexio de Ventín, en Ames

Analizan os menús escolares en Ames tras un gromo de gastroenterite cuns 60 afectados

18/05/2024 11:07

Sanidade tomou mostras da comida dos centros escolares para investigar a orixe da infección

Ningún dos 65 casos detectados reviste gravidade

 As Asociacións de Pais de Ames apuntan a que os afectados serían máis


Isabel Concheiro: "O Estado podería tomar nota da experiencia da Lei do Litoral vista a sentenza do Constitucional"

18/05/2024 10:58

A directora xeral de Asuntos Constitucionais e Desevolvemento Lexislativo da Xunta recoméndalle ao Estado apostar pola lealdade institucional 

A transferecia da AP-9 e da xestión dos Fondos Next Generation depende da "vontade política"


O turismo e o camión implicados no accidente

Unha muller de 45 anos morre ao bater co seu coche contra un camión en Frades

18/05/2024 09:16

A Garda Civil investiga se ambos os dous vehículos invadiron o carril contrario


Sanidade investiga as causas dos vómitos dunha trintena de cativos nun colexio de Ames

17/05/2024 21:57

Segundo Saúde Pública, hai 31 nenos afectados, aínda que a ANPA eleva a cifra a preto dos 90

Ademais da hipótese da intoxicación alimentaria, non se desbota que se trate dun virus

Etiquetas:  SANIDADE   ESCOLA

O Noia gaña a Copa Galicia tras derrotar por 5-2 a un combativo Parrulo

17/05/2024 15:35

Os ferroláns adiantáronse no marcador cun 0-2, aínda que acabaron encaixando cinco goles, tres deles anotados de accións de estratexia

Fpo a despedida de Pola como xogador profesional


Universitarios sénior chegan a Santiago tras percorrer varios treitos do Camiño

17/05/2024 14:36

Son estudantes de máis de 50 anos que destacan a enerxía coa que afrontan o seu periplo universitario e coa que tamén fixeron a Ruta Xacobea


Queremos Galego clama nas rúas contra a situación "de emerxencia" do idioma

17/05/2024 14:00

Desde a plataforma de defensa da lingua galega reclaman o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Linguística, aprobado hai 20 anos



O Goberno prevé abrir o tramo Melide-Palas de Rei da autovía A-54 a finais de ano

16/05/2024 19:02

Óscar Puente anunciou que no verán estará dispoñible a ligazón da AP-9 coa A-54 en Santiago

Estiman que o tramo Vilaboa-A Ermida da A-5, que unirá A Coruña-O Porriño, tamén quede listo para finais de ano


Cancelacións e atrasos no primeiro día de folga do persoal de Iberia no aeroporto de Santiago

16/05/2024 14:43

As aeroliñas foron avisando das cancelacións e a maior parte dos viaxeiros estaban avisados

O persoal de Iberia leva tempo denunciando unha excesiva carga de traballo


Bombeiros de toda Galicia realizan un curso de liberación na Estrada

16/05/2024 14:16

"Axuda a prepararte para moitas situacións e casuísticas", apunta unha bombeiro que participa no curso

O curso ten unha duración de 25 horas e utilízanse múltiples coches en distintas posicións


Imaxe de arquivo Iberia

A folga de Iberia en Santiago provoca a cancelación de conexións con Madrid e Bilbao este xoves

15/05/2024 18:17

Convocáronse dúas xornadas de paro para os días 16 e 17 para denunciar a "sobrecarga" de traballo por "falta de persoal", un problema acrecentado polo peche de Peinador


O conselleiro Román Rodríguez no Cesga con motivo da apertura de QMIO (EFE/Xoán Rey)

Galicia abre á comunidade investigadora de toda España o seu supercomputador QMIO

15/05/2024 16:16

A megacalculadora sitúase no Cesga, no campus universitario de Santiago de Compostela

O seu uso está aberto para investigadores españois e compañías privadas, sempre que estas colaboren a través de acordos con universidades

Empresas como Estrella Galicia e Pescanova xa tiveron a oportunidade de probar o ordenador


Un equipo investigador de Santiago logra frear en ratos tumores de tiroide

15/05/2024 14:44

Acaban de publicar os resutados da investigación na revista Nature


Un pirómano atemoriza A Pobra do Caramiñal

15/05/2024 14:11

Provocou catro incendios na vila en menos dun mes

A Garda Civil abriu unha investigación para dar co autor dos incendios intencionados


Ingresa na cadea o presunto autor dunha vintena de delitos contra os dereitos dos traballadores e estafa

15/05/2024 10:09

O suposto autor dos feitos, detallou a Policía Nacional, publicaba en Internet ofertas de traballo na rama agrícola coas seguintes condicións: xornadas de cinco días, soldo de 1.200 euros, contrato, comida incluída e xestión de aloxamento

O detido, xa en prisión provisional, aproveitábase da situación de vulnerabilidade dos demandantes de emprego, cidadáns estranxeiros á espera de regularizar a súa situación


Falece un pescador de 70 anos na área recreativa de Vilagudín, en Ordes

15/05/2024 09:21

O home saíra de Carballo o martes a media tarde para pescar no seu espazo habitual

O corpo sen vida foi localizado na auga, a uns 60 metros da beira

Ante a carencia de medios de rescate acuático, un bombeiro do parque de Ordes acabou meténdose na auga para sacar o cadáver

Etiquetas:  PESCA

Cautela no uso e consumo da auga en Noia

14/05/2024 14:40

O Concello alerta dun posible episodio de contaminación por arrastre no río

Cren que a orixe da vertedura está no xurro que botan os gandeiros e que é arrastrado ao río cando chove


O futuro de Moncho Fernández no Obradoiro, unha incógnita

14/05/2024 13:57

En xuño do pasado ano, o adestrador galego ampliou dous anos máis a súa vinculación co Obradoiro


Morre un operario ao caerlle unha árbore enriba no alto da Curota en Ribeira

13/05/2024 19:27

Os servizos médicos do 061 só puideron confirmar o seu falecemento 

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral abriu unha investigación para aclarar as causas deste accidente laboral mortal


Imaxe do acto de recoñecemento institucional (EFE/Lavandeira jr)

Santiago recibe a peregrina 100.000, Milagros del Rosario

13/05/2024 15:51

É a primeira vez que se alcanza esta cifra antes de superar o ecuador do ano

En 2023 bateuse o récord de peregrinos malia non ser ano Xacobeo

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, fixo un chamamento á convivencia entre peregrinos e residentes


Hotel na antiga fábrica de papel de Brandía

O hotel creado nunha fábrica de papel do século XVIII recibe unha chave Michelin

13/05/2024 15:41

A antiga papeleira de Brandía é un gran enxeño hidraulico da época preindustrial  

Aproveitaba a forza motríz da auga do río Sar, moi preto de Compostela 

A vexetación cubriu por completo o edificio ata que foi rehabilitado como hotel hai 15 anos


A herba seca complica a extinción dun incendio nunha nave agrícola de Santiago

13/05/2024 15:24

Os veciños de Aríns alertaron o 112 na tarde do domingo ao ver unha gran fumareda 

Para evitar que se reavivara o lume houbo que sacar toda a herba almacenada na nave


O sector marisqueiro volve manifestarse en Ribeira para defender o mar

13/05/2024 14:44

Denuncian que a situación é insostible pola escaseza de capturas

Etiquetas:  MARISQUEO

Asaltan de madrugada unha tenda de artigos de bebé en Santiago

13/05/2024 13:58

Non levaron mercadorías, pero si 300 euros da caixa rexistradora

Para acceder ao local rebentaron a porta automática de cristal, valorada en 6.000 euros

 

 

 


O mal tempo e a chuvia non poden cos peregrinos

13/05/2024 13:37

Houbo algúns peregrinos aos que se lles fixo costa arriba facer a última etapa con tanta chuvia


Morre un ciclista de 64 anos tras precipitarse mentres circulaba por unha estrada de Lalín

13/05/2024 08:22

O suceso produciuse na EP-6004, entre os quilómetros 4 e 5, en Gresande, Lalín

As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean o suceso


Os bombeiros de Santiago sufocan un incendio nun pendello en que se amoreaba palla

12/05/2024 19:40

Un incendio declarado nunha granxa da parroquia de Aríns contra as tres da

Melide pon en valor a repostería tradicional na súa Festa do Melindre

12/05/2024 14:11

Os tres produtos que se preparan son os melindres, os amendoados e os ricos


Equipo de @Garda Civil Milladoiro

Investigan dúas persoas acusadas de ciberestafa de 9.000 euros a un veciño de Teo

12/05/2024 12:33

O equipo de ciberdelincuencia da Garda Civil do Milladoiro resolveu o caso tras identificar dous homes, un en Ferrol e outro en Donostia, que se fixeron pasar por empregados do seu banco

Utilizaron as técnicas denominadas vishing e spoofing para entrar nas contas do prexudicado


Entréganse en Compostela os Premios Follas Novas do Libro Galego

11/05/2024 21:17

Disputaban os galardóns desta edición case corenta obras finalistas en trece categorías


Aumenta o tránsito de viaxeiros no aeroporto de Santiago polo peche de Peinador

11/05/2024 17:01

O transporte público con desvío ao aeroporto é unha opción para trasladarse ao aeroporto de Santiago

Aumenta a ocupación do aparcadoiro do aeroporto Rosalía de Castro grazas aos usuarios que non poden viaxar desde Peinador


Santiago acadará os cen mil peregrinos en 2024 esta fin de semana

11/05/2024 16:46

Este venres chegaron a Compostela preto de 2.600 camiñantes

Máis da metade elixiron o Camiño Francés, e o Camiño Portugués está un 16 por cento máis transitado


Triunfa en Santiago 'Tesouros reais', un paseo de valor incalculable por Xerusalén

11/05/2024 15:30

A mostra ofrece obras mestras traídas do Terra Sancta Museum

Permanece na Cidade da Cultura ata o 4 de agosto


Expertos en IA aseguran que o futuro dos procesos educativos pasa polo seu uso

11/05/2024 14:52

Celebrouse en Compostela a XXI Xornada Forxando o futuro da educación e a FP con IA

Estivo organizada pola Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado

Antonio Osorio: "O propio sector produtivo mete presión para que o alumnado coñeza as ferramentas da IA"


O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, canda ata este sábado a xerente da área de Santiago, Eloína Núñez

Sanidade substitúe os xerentes das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol

11/05/2024 12:13

Substitúe a Eloína Núñez e Félix Rubial, á vez que cambia a Ángel Facio de Ferrol a Santiago

Tres das sete áreas sanitarias de Galicia cambian de xerente

Publicidade
Publicidade