Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entréganse en Compostela os Premios Follas Novas do Libro Galego

Entréganse en Compostela os Premios Follas Novas do Libro Galego

Disputaban os galardóns desta edición case corenta obras finalistas en trece categorías

G24.gal 11/05/2024 21:17

Os Premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria do ano 2023 en Galicia, entregáronse este sábado nunha gala celebrada no Teatro Principal de Compostela.

Disputaban os galardóns desta edición case corenta obras finalistas en trece categorías. Entre os gañadores están Burbullas de calma serena, de Andrea Maceiras; O cento voando. Amores, alianzas e monogamias, de Andrea Nunes Brións; Deiche os ollos e miraches as tebras, de Irene Solá; A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo; Fago o que podo, de Afra Torrado, entre outros... O premio á promoción de lectura foi para Espazo Lectura de Gondomar.

Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade