Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous condutores, de 66 e 22 anos, falecen nunha colisión frontal en Ordes

Dous condutores, de 66 e 22 anos, falecen nunha colisión frontal en Ordes

Os vehículos bateron pouco antes das sete da mañá na estrada N-550, á altura da parroquia de Leira

Unha terceira persoa quedou ferida grave e foi trasladada ao hospital Clínico de Santiago

Un dos vehículos implicados no sinistro
G24.gal 19/05/2024 08:59 Última actualización 19/05/2024 16:11

Dúas persoas faleceron este domingo nun accidente ocorrido pouco antes das sete da mañá no concello de Ordes. Foi no quilómetro 30 da estrada N-550, á altura da parroquia de Leira. 

Segundo informa a Garda Civil de Tráfico, un coche e unha furgoneta bateron de xeito frontolateral por causas que se están a investigar. As primeiras pescudas apuntan a unha invasión da vía e a un exceso de velocidade.

Os bombeiros tiveron que liberar os corpos das vítimas, que quedaran atrapados no interior dos vehículos. 

Na furgoneta viaxaban dous ocupantes. O condutor, de 66 anos, un coñecido hostaleiro do concello de Oroso, faleceu a causa do impacto. A acompañante, unha moza de 20 anos, quedou ferida de gravidade e foi trasladada en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago.

A outra vítima mortal é o condutor do coche, un mozo de 22 anos natural de Ordes, que tamén faleceu no acto.

Tres vítimas mortais na fin de semana

Este é o segundo sinistro mortal nas estradas galegas esta fin de semana. Na madrugada do sábado faleceu unha muller de 45 anos tras bater co seu coche contra un camión no límite entre os concellos de Mesía e Frades.

Estado no que quedou o outro coche Estado no que quedou o outro coche
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade