Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un equipo investigador de Santiago logra frear en ratos tumores de tiroide

Un equipo investigador de Santiago logra frear en ratos tumores de tiroide

Acaban de publicar os resutados da investigación na revista Nature

G24.gal 15/05/2024 14:44

A comunidade médica internacional observa hoxe un equipo de científicos de Santiago de Compostela. Acaban de descubrir unha técnica de ARN que fai fracasar a división das células canceríxenas e frea os tumores anaplásicos de tiroide.

Os ensaios en ratos demostraron unha eficacia espectacular neste tipo de cancro, que é un dos que ata agora presentaban peor prognóstico.

Na publicación de Nature pode verse un vídeo, unha imaxe real, acelerada. Na esquerda vemos o que pasa cun placebo, como se reproducen rapidamente as células do tumor. E á dereita, os efectos desta nova terapia, que consegue deter a mitose. Literalmente, fai estalar as células do cancro ata matalas, nun proceso que se chama "catástrofe mitótica".

Co lóxico entusiasmo, Clara Álvarez, que dirixe o equipo investigador do CIMUS, explica que replicaron a terapia en ratos, con tumores reais, e demostraron tamén que, ademais de ser efectiva en todas as fases do tumor, non é tóxica, non dana as células sas.

Todo partiu do descubrimento dunha proteína.

"Esta proteína, PIAS2b, estaba diferentemente expresada e nunca se estudara na tiroide. Despois chegou o deseño dun axente terapéutico de RNA. Conseguimos facer nós unha RNA de interferencia, unha estrutura molecular que se pega ao RNA da proteína e o reduce ata que desaparece", explicou Clara Álvarez, catedrática de Fisioloxía da USC e corresponsable deste traballo científico.

O IDIS de Santiago, cirurxiáns, patólogos. É un equipo enorme e os resultados chegan tras quince anos de investigación, dos que agradecen en especial a doazón de tecidos dos pacientes. As doazóns dos pacientes,

"É moi ilusionante porque é un tipo de tumor devastador para o que non temos tratamento, pero tamén porque é un novo enfoque terapéutico, un novo xeito de tratar estes tumores e moi prometedor. Quédanos o salto a humanos, que se implique a industria farmacéutica", di José Manuel Cameselle, patólogo do CHUS e profesor da USC.

"Se se pode intentar, hai unha cousa que temos segura é que temos por fin un punto débil", din estes investigadores: un talón de Aquiles para poder ganar outra batalla contra o cancro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade