Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan de madrugada unha tenda de artigos de bebé en Santiago

Asaltan de madrugada unha tenda de artigos de bebé en Santiago

Non levaron mercadorías, pero si 300 euros da caixa rexistradora

Para acceder ao local rebentaron a porta automática de cristal, valorada en 6.000 euros

 

 

 

G24.gal 13/05/2024 13:58

A alarma do establecemento deu aviso á policía pouco antes das cinco da madrugada. Acababa de producirse un asalto nunha tenda de puericultura do barrio compostelán do Restollal.

"Nós non nos decatamos ata as oito, que foi cando a policía nos deu localizado para avisarnos, Viñemos e atopamos a porta rebentada, todo cristais no chan e vimos que levaran a caixa", comenta Alicia Ferrín, encargada das tendas Bebiños.

Non levaron ningunha mercadoría, pero si uns 300 euros en efectivo da caixa rexistradora. O peor foron os estragos, xa que a porta só tiña un ano e está valorada nuns 6.000 euros. Cren que os asaltantes usaron unha panca e un martelo para rompela en mil anacos.

"A porta é o que máis nos doe. Puxémola recentemente para mellorar o acceso dos carriños á tenda. Era automática e laminada e investimos moito nela. Os cristaleiros que viñeron retirala pola mañá quedaron sorprendidos de que lograran rompela", explica Alicia.

Xa denunciaron o roubo ante a Policía Nacional, que investiga os feitos. Agardan que pronto dean cos culpables dun asalto que as ten co corazón nun puño desde primeira hora da mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade