Publicador de contidos
Publicador de contidos

Melide pon en valor a repostería tradicional na súa Festa do Melindre

Melide pon en valor a repostería tradicional na súa Festa do Melindre

Os tres produtos que se preparan son os melindres, os amendoados e os ricos

G24.gal 12/05/2024 14:11 Última actualización 12/05/2024 15:13

Melide celebra a 32 edición da festa do melindre e da repostería tradicional. É unha cita gastronómica que vai máis alá da comarca e que busca exaltar e protexer unha tradición reposteira.

"Son 15 casas melindreiras coa forma de facer tradicional como se viña facendo desde hai moito tempo".

Os tres doces que se elaboran son os melindres, os amendoados e os ricos, os únicos exclusivos de Melide.

"Traemos melindres, ricos, ricos con améndoas e amendoados, pero os melindres son os que máis gustan, sen dúbida".

"O melindre, por doce, están moi bos".

"Nacín nun melindre e é a cousa máis rica que ten Melide".

"Son moi ricos e os fan moi ben".

"Gústanme moito os melindre e os amendoados. Os amendoados son só améndoa e os melindres porque son tradición".

"Eu son máis de melindre porque son máis doces e brandiños e gústame moito o melindre, pero gústame todo porque esta festa é magnífica".

A Festa do Melindre conta con numerosas actividades paralelas como a feira de artesanía de Galicia. Esta tarde celébrase un festival infantil e xa ao serán un concerto de Luar na Lubre pechará os festexos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade