Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nove voos cancelados na segunda xornada de folga do persoal de terra de Iberia en Santiago

Nove voos cancelados na segunda xornada de folga do persoal de terra de Iberia en Santiago

Na primeira xornada de paro canceláronse 16 voos

G24.gal 16/05/2024 20:36 Última actualización 17/05/2024 06:16

AENA confirma para este venres a cancelación dun voo a Barcelona de Vueling e catro saídas cara a Madrid das compañías Air Europa e Iberia. Tampouco se producirán as chegadas doutros catro avións procedentes de Barajas de Air Europa e Iberia. Non se descartan máis cancelacións, como acontecera onte, nin atrasos noutros voos.

A folga de Iberia no aeroporto de Santiago Rosalía de Castro coincide cunha fin de semana longa pola festividade das Letras Galegas.

En total,  canceláronse 16 voos. Dúas conexións de Iberia con Madrid e outra con Bilbao. Outras dúas a Madrid pero con Air Europa e dúas máis a Barcelona con Vueling.

O persoal de terra de Iberia na Lavacolla convocou esta folga de dous días para protestar pola sobrecarga de traballo que teñen e que se debe, din, á falta de persoal. E engaden que se volveu insoportable desde o 6 maio, día en que asumiron os voos de Peinador, que está pechado por obras. Os representantes dos traballadores calculan que necesitan reforzar o cadro de persoal con 35 persoas. A empresa ofrece oito. De momento non hai acordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade