Publicador de contidos
Publicador de contidos

Universitarios sénior chegan a Santiago tras percorrer varios treitos do Camiño

Universitarios sénior chegan a Santiago tras percorrer varios treitos do Camiño

Son estudantes de máis de 50 anos que destacan a enerxía coa que afrontan o seu periplo universitario e coa que tamén fixeron a Ruta Xacobea

G24.gal 17/05/2024 14:36

Un grupo de estudantes universitarios de máis de 50 anos chegou a Compostela tras facer varios treitos do Camiño de Santiago. A súa idade é só unha anécdota, segundo comentan, porque para eles contan moito máis as súas ganas de aprender. 

"Non somos maiores por ter enrugas, serémolo cando non teñamos curiosidade. Mentres teñamos curiosidade, a idade non importa. Esta xente, sobre todo os franceses, que teñen máis idade, levan xa un montón de camiños e seguen vindo e mantendo a ilusión polo Camiño. O Camiño sérvenos de proxecto vertebrador", di Juan Carlos Cancela, participante no proxecto Caxato.

O proxecto Caxato utiliza este eixe vertebrador, o Camiño de Santiago, para potenciar a formación en competencias culturais, artísticas, sociais, de sustentabilidade e dixitais. Neste caso, aprenden a utilizar o teléfono móbil para construír o seu relato audiovisual sobre a esta experiencia.

"Utilizar un medio que é moi habitual hoxe en día, que é o móbil, como elemento de comunicación, de formación, de transmisión, e tamén fomos facendo a formación nos distintos ámbitos que ten este proxecto", conta Esther Olveira, directora do Programa Universitario de Maiores da USC. 

Á marxe da vertente formativa, a experiencia espertou moitas emocións nos participantes, especialmente nesta última etapa do Camiño. Marchan coa mochila cargada de novos proxectos e seguro que os cumpren, porque, ben se ve, teñen enerxía para moito máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade