Novas
Contido con Xeográficas .
Santiago
O AVE une desde o martes A Coruña e Vigo con Madrid en tempo récord
19/05/2024 16:32
A viaxe á Coruña queda nas 3 horas e media, e a Vigo, en pouco máis de 4
Haberá catro frecuencias diarias, dúas por sentido, entre Madrid-Vigo e Madrid-A Coruña, con paradas en Pontevedra, Vilagarcía e Santiago
Os primeiros servizos dos novos Avril S-106 daranlle desde o martes un impulso definitivo á alta velocidade en Galicia
Buscan tres menores por unha malleira a un mozo en Ribeira
19/05/2024 15:48
Os feitos sucederon de madrugada no lugar da Capela, en Carreira
A Policía Local de Ribeira pide a colaboración cidadá para dar con eles e identificalos
Dous condutores, de 66 e 22 anos, falecen nunha colisión frontal en Ordes
19/05/2024 08:59
Os vehículos bateron pouco antes das sete da mañá na estrada N-550, á altura da parroquia de Leira
Unha terceira persoa quedou ferida grave e foi trasladada ao hospital Clínico de Santiago
A Xunta amplía horarios de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago
18/05/2024 13:32
Habilita unha liña máis por semana e outra os domingos con saída da Intermodal de Vigo
Toda a información relativa aos servizos está dispoñible na páxina web https://www.bus.gal
Analizan os menús escolares en Ames tras un gromo de gastroenterite cuns 60 afectados
18/05/2024 11:07
Sanidade tomou mostras da comida dos centros escolares para investigar a orixe da infección
Ningún dos 65 casos detectados reviste gravidade
As Asociacións de Pais de Ames apuntan a que os afectados serían máis
18/05/2024 10:58
A directora xeral de Asuntos Constitucionais e Desevolvemento Lexislativo da Xunta recoméndalle ao Estado apostar pola lealdade institucional
A transferecia da AP-9 e da xestión dos Fondos Next Generation depende da "vontade política"
Unha muller de 45 anos morre ao bater co seu coche contra un camión en Frades
18/05/2024 09:16
A Garda Civil investiga se ambos os dous vehículos invadiron o carril contrario
Sanidade investiga as causas dos vómitos dunha trintena de cativos nun colexio de Ames
17/05/2024 21:57
Segundo Saúde Pública, hai 31 nenos afectados, aínda que a ANPA eleva a cifra a preto dos 90
Ademais da hipótese da intoxicación alimentaria, non se desbota que se trate dun virus
O Noia gaña a Copa Galicia tras derrotar por 5-2 a un combativo Parrulo
17/05/2024 15:35
Os ferroláns adiantáronse no marcador cun 0-2, aínda que acabaron encaixando cinco goles, tres deles anotados de accións de estratexia
Fpo a despedida de Pola como xogador profesional
Universitarios sénior chegan a Santiago tras percorrer varios treitos do Camiño
17/05/2024 14:36
Son estudantes de máis de 50 anos que destacan a enerxía coa que afrontan o seu periplo universitario e coa que tamén fixeron a Ruta Xacobea
Queremos Galego clama nas rúas contra a situación "de emerxencia" do idioma
17/05/2024 14:00
Desde a plataforma de defensa da lingua galega reclaman o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Linguística, aprobado hai 20 anos
Nove voos cancelados na segunda xornada de folga do persoal de terra de Iberia en Santiago
16/05/2024 20:36
Na primeira xornada de paro canceláronse 16 voos
O Goberno prevé abrir o tramo Melide-Palas de Rei da autovía A-54 a finais de ano
16/05/2024 19:02
Óscar Puente anunciou que no verán estará dispoñible a ligazón da AP-9 coa A-54 en Santiago
Estiman que o tramo Vilaboa-A Ermida da A-5, que unirá A Coruña-O Porriño, tamén quede listo para finais de ano
Cancelacións e atrasos no primeiro día de folga do persoal de Iberia no aeroporto de Santiago
16/05/2024 14:43
As aeroliñas foron avisando das cancelacións e a maior parte dos viaxeiros estaban avisados
O persoal de Iberia leva tempo denunciando unha excesiva carga de traballo
Bombeiros de toda Galicia realizan un curso de liberación na Estrada
16/05/2024 14:16
"Axuda a prepararte para moitas situacións e casuísticas", apunta unha bombeiro que participa no curso
O curso ten unha duración de 25 horas e utilízanse múltiples coches en distintas posicións
A folga de Iberia en Santiago provoca a cancelación de conexións con Madrid e Bilbao este xoves
15/05/2024 18:17
Convocáronse dúas xornadas de paro para os días 16 e 17 para denunciar a "sobrecarga" de traballo por "falta de persoal", un problema acrecentado polo peche de Peinador
Galicia abre á comunidade investigadora de toda España o seu supercomputador QMIO
15/05/2024 16:16
A megacalculadora sitúase no Cesga, no campus universitario de Santiago de Compostela
O seu uso está aberto para investigadores españois e compañías privadas, sempre que estas colaboren a través de acordos con universidades
Empresas como Estrella Galicia e Pescanova xa tiveron a oportunidade de probar o ordenador
Un equipo investigador de Santiago logra frear en ratos tumores de tiroide
15/05/2024 14:44
Acaban de publicar os resutados da investigación na revista Nature
Un pirómano atemoriza A Pobra do Caramiñal
15/05/2024 14:11
Provocou catro incendios na vila en menos dun mes
A Garda Civil abriu unha investigación para dar co autor dos incendios intencionados
15/05/2024 10:09
O suposto autor dos feitos, detallou a Policía Nacional, publicaba en Internet ofertas de traballo na rama agrícola coas seguintes condicións: xornadas de cinco días, soldo de 1.200 euros, contrato, comida incluída e xestión de aloxamento
O detido, xa en prisión provisional, aproveitábase da situación de vulnerabilidade dos demandantes de emprego, cidadáns estranxeiros á espera de regularizar a súa situación
Falece un pescador de 70 anos na área recreativa de Vilagudín, en Ordes
15/05/2024 09:21
O home saíra de Carballo o martes a media tarde para pescar no seu espazo habitual
O corpo sen vida foi localizado na auga, a uns 60 metros da beira
Ante a carencia de medios de rescate acuático, un bombeiro do parque de Ordes acabou meténdose na auga para sacar o cadáver
Cautela no uso e consumo da auga en Noia
14/05/2024 14:40
O Concello alerta dun posible episodio de contaminación por arrastre no río
Cren que a orixe da vertedura está no xurro que botan os gandeiros e que é arrastrado ao río cando chove
O futuro de Moncho Fernández no Obradoiro, unha incógnita
14/05/2024 13:57
En xuño do pasado ano, o adestrador galego ampliou dous anos máis a súa vinculación co Obradoiro
Morre un operario ao caerlle unha árbore enriba no alto da Curota en Ribeira
13/05/2024 19:27
Os servizos médicos do 061 só puideron confirmar o seu falecemento
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral abriu unha investigación para aclarar as causas deste accidente laboral mortal
Santiago recibe a peregrina 100.000, Milagros del Rosario
13/05/2024 15:51
É a primeira vez que se alcanza esta cifra antes de superar o ecuador do ano
En 2023 bateuse o récord de peregrinos malia non ser ano Xacobeo
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, fixo un chamamento á convivencia entre peregrinos e residentes
O hotel creado nunha fábrica de papel do século XVIII recibe unha chave Michelin
13/05/2024 15:41
A antiga papeleira de Brandía é un gran enxeño hidraulico da época preindustrial
Aproveitaba a forza motríz da auga do río Sar, moi preto de Compostela
A vexetación cubriu por completo o edificio ata que foi rehabilitado como hotel hai 15 anos
A herba seca complica a extinción dun incendio nunha nave agrícola de Santiago
13/05/2024 15:24
Os veciños de Aríns alertaron o 112 na tarde do domingo ao ver unha gran fumareda
Para evitar que se reavivara o lume houbo que sacar toda a herba almacenada na nave
O sector marisqueiro volve manifestarse en Ribeira para defender o mar
13/05/2024 14:44
Denuncian que a situación é insostible pola escaseza de capturas
Asaltan de madrugada unha tenda de artigos de bebé en Santiago
13/05/2024 13:58
Non levaron mercadorías, pero si 300 euros da caixa rexistradora
Para acceder ao local rebentaron a porta automática de cristal, valorada en 6.000 euros
O mal tempo e a chuvia non poden cos peregrinos
13/05/2024 13:37
Houbo algúns peregrinos aos que se lles fixo costa arriba facer a última etapa con tanta chuvia
Morre un ciclista de 64 anos tras precipitarse mentres circulaba por unha estrada de Lalín
13/05/2024 08:22
O suceso produciuse na EP-6004, entre os quilómetros 4 e 5, en Gresande, Lalín
As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean o suceso
Os bombeiros de Santiago sufocan un incendio nun pendello en que se amoreaba palla
12/05/2024 19:40
Melide pon en valor a repostería tradicional na súa Festa do Melindre
12/05/2024 14:11
Os tres produtos que se preparan son os melindres, os amendoados e os ricos
Investigan dúas persoas acusadas de ciberestafa de 9.000 euros a un veciño de Teo
12/05/2024 12:33
O equipo de ciberdelincuencia da Garda Civil do Milladoiro resolveu o caso tras identificar dous homes, un en Ferrol e outro en Donostia, que se fixeron pasar por empregados do seu banco
Utilizaron as técnicas denominadas vishing e spoofing para entrar nas contas do prexudicado
Entréganse en Compostela os Premios Follas Novas do Libro Galego
11/05/2024 21:17
Disputaban os galardóns desta edición case corenta obras finalistas en trece categorías
Aumenta o tránsito de viaxeiros no aeroporto de Santiago polo peche de Peinador
11/05/2024 17:01
O transporte público con desvío ao aeroporto é unha opción para trasladarse ao aeroporto de Santiago
Aumenta a ocupación do aparcadoiro do aeroporto Rosalía de Castro grazas aos usuarios que non poden viaxar desde Peinador
Santiago acadará os cen mil peregrinos en 2024 esta fin de semana
11/05/2024 16:46
Este venres chegaron a Compostela preto de 2.600 camiñantes
Máis da metade elixiron o Camiño Francés, e o Camiño Portugués está un 16 por cento máis transitado
Triunfa en Santiago 'Tesouros reais', un paseo de valor incalculable por Xerusalén
11/05/2024 15:30
A mostra ofrece obras mestras traídas do Terra Sancta Museum
Permanece na Cidade da Cultura ata o 4 de agosto
Expertos en IA aseguran que o futuro dos procesos educativos pasa polo seu uso
11/05/2024 14:52
Celebrouse en Compostela a XXI Xornada Forxando o futuro da educación e a FP con IA
Estivo organizada pola Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado
Antonio Osorio: "O propio sector produtivo mete presión para que o alumnado coñeza as ferramentas da IA"
Sanidade substitúe os xerentes das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol
11/05/2024 12:13
Substitúe a Eloína Núñez e Félix Rubial, á vez que cambia a Ángel Facio de Ferrol a Santiago
Tres das sete áreas sanitarias de Galicia cambian de xerente