Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sobremesas de Entroido: a vincha de Cerdedo-Cotobade, en perigo de desaparición

Sobremesas de Entroido: a vincha de Cerdedo-Cotobade, en perigo de desaparición

A falta de vexigas de porco, a vincha faise hoxe en día en bolsas de plástico
G24.gal 10/02/2024 15:30 Última actualización 09/02/2024 19:05

O Entroido reúne as sobremesas que aproveitaban as matanzas, doces sinxelos, ricos e potentes para o frío e polos que se agarda todo un ano. Orellas, filloas e flores rebrotan ano tras ano nas pastelerías. Poucos seguen facéndoas na casa.

E así, vanse perdendo receitas das avoas e sabores antigos tan auténticos como a vincha de Cerdedo-Cotobade, en franco perigo de desaparición. Apenas se conseguen vexigas de porco para facer esta lambonada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade