Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo levanta a orde de detención de Puigdemont, que xa pode volver a Cataluña

O Supremo levanta a orde de detención de Puigdemont, que xa pode volver a Cataluña

O Tribunal Constitucional (TC) declarou amnistiado o delito de malversación no caso da exconsellera Dolors Bassa, que abría o camiño a que se lle aplicase tamén ao expresident catalán

O xuíz Llarena non agardou nin unha hora para aplicar a decisión do TC ao caso de Puigdemont, Comin e Puig

Carles Puigdemont, en Barcelona antes da súa segunda fuxida (EFE/Alberto Estévez) Carles Puigdemont, en Barcelona antes da súa segunda fuxida (EFE/Alberto Estévez)
G24.gal 06/10/2026 12:43 Última actualización 06/10/2026 13:39

O maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena deixou este martes sen efecto, con carácter inmediato, a orde nacional de busca e captura e detención do expresidente catalán Carles Puigdemont, tras coñecerse o ditame do Constitucional que declarou amnistiado o delito de malversación á exconsellera catalá Dolors Bassa. 

Menos dunha hora despois de coñecerse o ditame do Tribunal Constitucional, que declarou amnistiado o delito de malversación á exconsellera Bassa, Llarena ditou un auto en que deixa sen efecto as ordes que pesaban contra Puigdemont así como contra os exconsellers Antoni Comin e Lluis Puig, procesados por rebeldía.

Llarena non esperou á publicación da sentenza de Constitucional polo BOE e, de feito, explica que adopta esta decisión tras facerse público o ditame da corte de garantías fronte á postura do alto tribunal que denegou a aplicación da amnistía ao delito de malversación polo que foi condenada Bassa. 

Acción inmediata tras a decisión do TC

Este mediodía, o Pleno do Constitucional estimou cos sete votos da maioría progresista fronte aos cinco en contra da minoría conservadora o recurso de Bassa a partir do relatorio do presidente Cándido Conde-Pumpido, cuxa resolución fixará doutrina para o resto dos amparos de condenados e procesados por rebeldía polo 'procés', entre eles Puigdemont.

Ao respecto, Llarena explica que, aínda que non dispón polo momeno da sentenza de Bassa, cuxo coñecemento será necesario para determinar o seu alcance respecto de Puigdemont, Comín e Puig, a coincidencia substancial dos feitos e da cuestión xurídica controvertida permite apreciar, sen anticipar unha conclusión definitiva, que o pronunciamiento constitucional pode incidir no fundamento das ordes de detención, acordadas o 1 de xullo de 2024.

Esta circunstancia sobrevinda xustifica, para o maxistrado, revisar de inmediato a súa execución durante o tempo indispensable para coñecer integramente a sentenza de amparo, cuxa publicación será inmediata tendo en conta que xa están listos os votos particulares contra a mesma, e resolver sobre as súas consecuencias.

O auto indica que o alzamento da orde de detención non é execución anticipada da sentenza constitucional nin extensión automática do seu fallo a quen non foron recorrentes.

Senón que, continúa, é o exercicio da facultade do xuíz para revisar de oficio medidas privados tendo en conta a nova situación e o dereito á liberdade recoñecido pola Constitución.

Explica que a execución das ordes durante o intervalo ata a publicación da sentenza do TC podería ocasionar unha privación de liberdade que o exame das sentenzas revelase improcedente e cuxo prexuízo non quedaría eliminado polo seu posterior alzamento.

O auto acorda comunicar de xeito inmediato o levantamento das ordes á Policía Nacional, Guardia Civil e Mossos d’Esquadra, e resto de autoridades ás que se tivesen remitido.

Llarena esperará á sentenza do TC para aplicar a amnistía

Agora ben, o maxistrado non declara aplicable a amnistía, nin extingue a responsabilidade penal nin resolve as restantes cuestións pendentes, decisións que adoptará sen demora unha vez coñeza o contido íntegro da sentenza do Constitucional, que probablemente non tarde máis desta mesma semana.

Entón abriranse dúas opcións, unha que Llarena actúe de oficio, que é o máis previsible tras o seu auto de hoxe, e outra que o faga a pedimento das defensas, pero en todo caso a decisión final sobre a aplicación da amnistía é xa cuestión de días.

Ademais de Llarena, tamén está previsto que a Sala do Penal actúe e aplique a doutrina do Constitucional ao resto de condenados polo delito de malversación, estes son o líder de ERC, Oriol Junqueras, e os exconsellers Jordi Turull e Raul Romeva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade