Publicador de contidos

Publicador de contidos

Familias dos desaparecidos do Pitanxo volven reclamar que se baixe ao pecio

Familias dos desaparecidos do Pitanxo volven reclamar que se baixe ao pecio

Concentráronse na Coruña ante a Delegación do Goberno cando se fan tres meses do naufraxio

G24.gal 13/05/2022 14:43

Fai tres meses do naufraxio do Villa de Pitanxo en Terra Nova, e os familiares dos desaparecidos reiteran a súa demanda: que se localice e se baixe ao pecio. 

"Xa non sabemos como pedilo", di María José de Pazo, filla dun dos desaparecidos. "Se se quere coñecer a verdade, hai que baixar ao barco", engade. 

Entenden que localizar e baixar ao barco é crucial para esclarecer os feitos, e urxen a aproveitar o verán para facelo. "Estannos poñendo escusas para non baixar ao barco e que pase o verán", afirma Kevin González, fillo dun dos desaparecidos. 

Unha desas "escusas" -din- é que non hai medios para baixar ao pecio. As familias desménteno: "Non hai impedimentos técnicos, hai medios de sobra para baixar ao barco", sostén González. 

Conseguir imaxes do estado do pecio para axudar a esclarecer os feitos. É a preocupación principal dos familiares dos falecidos, pero non a única. Piden que se activen as medidas cautelares solicitadas para evitar que o patrón do Villa de Pitanxo volva embarcar

Presentaron a petición destas medidas na Audiencia Nacional e no Xulgado de Marín. Con elas queren "que non se volva repetir esta desgraza" di María José de Pazo, e que o patrón, "ata que non se aclare o tema xudicial, estea polo menos localizable".

Representantes das familias dos doce desaparecidos no naufraxio concentráronse diante da Delegación do Goberno para protestar por estes tres meses de "pasividade nas investigacións". Reclaman falar directamente co presidente do Goberno, e reunirse coa ministra de Traballo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade