Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca a "proxección global" do Centro Tecnolóxico do Mar

Rueda destaca a "proxección global" do Centro Tecnolóxico do Mar

O presidente da Xunta apuntou que o Cetmar é "unha voz respectada en Bruxelas que inflúe de xeito activo nas políticas europeas"

O Centro Tecnolóxico do Mar fai 25 anos, nos que se levaron a cabo 700 accións de impacto directo no sector, con 52 proxectos científicos en plena execución

O presidente da Xunta e a conselleira do Mar participaron na sesión ordinaria do padroado do Cetmar para conmemorar o aniversario. EFE/Salvador Sas.
G24.gal 12/06/2026 15:18

O presidente da Xunta puxo en valor este venres a "proxección global" do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), así como a súa traxectoria de excelencia e liderado nos seus 25 anos de historia.

O titular do Goberno galego considerouno un referente nacional e internacional na xestión sostible dos recursos e na vangarda da economía azul.

"Somos unha das referencias en Europa de facer as cousas ben, de vivir do mar, de que moita xente teña nel o seu medio de vida e de que se faga de xeito sostible e o Cetmar ten moita responsabilidade nisto", asegurou o mandatario.

O presidente da Xunta participou na reunión do padroado e nos actos de conmemoración do aniversario da institución, onde estivo acompañado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde.

Rueda tivo palabras de agradecemento para os preto de 300 profesionais que pasaron polo Cetmar desde os seus inicios no ano 2001 e que fixeron posible levar a cabo 700 accións de impacto directo no sector, con 52 proxectos científicos en plena execución.

O presidente aplaudiu "todos os proxectos de investigación que levou a cabo durante estes anos para mellorar a produción, a limpeza dos mares ou facer unha explotación dos recursos de xeito sostible".

Unha traxectoria que, en palabras do dirixente galego, traspasou fronteiras para erixirse en Europa como "unha voz respectada en Bruxelas que inflúe de xeito activo nas políticas europeas".

A proxección do Cetmar é "global", porque é o único organismo galego que conta cun departamento especializado na cooperación ao desenvolvemento en pesca, marisqueo e acuicultura con intervencións en África e América Latina.

Para Rueda, é "o brazo executor da Xunta en lugares que son especialmente interesantes para establecer relacións comerciais, grazas aos traballos previos de cooperación e transformación de métodos de pesca moi artesanais e moi pouco rendibles en formas de actuar moito máis modernas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade