Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias pídenlle á xustiza que lle impida outro embarque ao patrón do Villa de Pitanxo

As familias pídenlle á xustiza que lle impida outro embarque ao patrón do Villa de Pitanxo

Analizan cos seus avogados ver se é posible solicitar prisión preventiva, porque cren que hai indicios claros de polo menos 21 homicidios imprudentes

G24.gal 11/05/2022 09:45 Última actualización 11/05/2022 16:51

Os familiares dos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo presentaron ante a Audiencia Nacional e o xulgado de Marín un escrito para solicitar medidas cautelares para que o patrón non volva ao mar.

Así o indicou Kevin González, fillo dun os mariñeiros falecidos, nunha entrevista no informativo Bos días, ante os rumores de que Juan Padín embarque rumbo Guinea nun barco da mesma empresa armadora.

"Presuntamente ten 21 homicidios ao seu cargo ao meu parecer non podería marchar do país para estar dispoñible cando o chamen, creo que como mínimo debería estar en prisión preventiva".

Dende o sector comprenden a dor das familias, pero piden respecto pola presunción de inocencia.

"Non existe ningún procedemento xudicial aberto contra o capitán nin contra a empresa armadora. Non hai ningún tipo de imputación", di Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo 37

Ademais, os familiares analizan cos seus avogados ver se é posible solicitar prisión preventiva porque cren que hai indicios claros de polo menos 21 homicidios imprudentes ademais de delitos graves contra a saúde dos traballadores e cren que non pode marchar do país.

Ante a negativa do Goberno de baixar ata o Villa de Pitanxo, Kevin manifestou que si se pode e que é un elemento fundamental para a investigación. Afirmou que irán ao Congreso dos Deputados a reunirse con varios grupos políticos.lkgjkf

O Tribunal Supremo determinará que xulgado debe asumir a causa, mentres se continúa coa investigación.

"Que se baixe ao barco, porque cremos que é a proba fundamental para esclarecer este suceso", insiste Kevin González, fillo de Fernando González, falecido no naufraxio.

Esta mesma semana cúmprense tres meses do afundimento do Villa de Pitanxo en augas de Terra Nova, en que faleceron 21 tripulantes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade