Galicia lidera na Península o emprendemento e a investigación arredor das algas
O seu aproveitamento multiplicouse por dez nos últimos anos e, mesmo así, segue a ser unha actividade case testemuñal
Neste tempo están en plena colleita
Fai tempo que Carme é coñecida porque a súa empresa, que elabora súas pizzas e empanadas cunha masa que leveda con extractos de algas. Foi Premio Nacional de Pesca.
"Coller algas é como ser mariscadora e eu son un pouco mariscadora e un pouco panadeira. Teño un plan de explotación que me conceden na Consellería do mar", explica Carme Sánchez, de Galuriña, atesoura xa 14 anos de recolección para a súa pequena empresa.
Nesta marea de xuño recolle Nori, da que extrae o principio activo para elaborar as masas, que un equipo do IDIS investiga polas posibles propiedades dixestivas.
Aquí, coma na horta, cada produto ten o seu tempo. Xa colleu (en maio) wakame e spaghetti de mar. E para o mes de xullo comeza coa leituga. As algas teñen propiedades nutritivas, farmacolóxicas, cosméticas.
"Nun cambio de época coma no que estamos as algas poden traer moitísimos cambios", di Carme.
A súa é unha aposta pola economía e o futuro sostible.