Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colleita de algas para alimentación, un recurso en auxe na Illa de Arousa

Colleita de algas para alimentación, un recurso en auxe na Illa de Arousa

Os mergulladores da confraría arousá descargaron 350 toneladas de algas en 2025

O reto é fomentar o consumo local deste superalimentos

G24.gal 13/05/2026 13:39

Cun traxe de neopreno e un fouciño. Así se recollen as hortas de algas no fondo do mar de Arousa.

"Cortamos pola cañota cando están na pedra e as metemos no cope que levamos no cinto", di Francisco José Diz, mergullador da Illa.

"Estivemos esperando porque estaba moi pequena este ano, veu con atraso, e o que non collemos antes medrou todo xunto de repente", engade Manuel Besada, tamén mergullador.

Van con atraso, pero as expectativas son boas. Noutro tempo as algas só se usaban como fertilizante, pero hoxe son un recurso en expansión. Na illa empezaron con 12 embarcacións e hoxe son 23.

"Estamos diversificando o marisqueo con este tipo de recursos específicos, o mariqueo pasa por mal momento e as algas son un recurso abundante nas rías galegas", comenta Juan José Rial Millán, o patrón maior da Confraría.

Traballan baixo pedido das empresas. Pero teñen uns topes de recollida e uns talles que cómpre respectar polo ben de todos.

"As algas son como a herba, hai que coidar o recurso, un ano o tes e para o seguinte non".

"Deixamos as pequenas e collemos as grandes, para ir recollendo a medida que medren e non esgotar o recurso".

"Collemos seis tipos de alga, a que máis pagan é o codium ou alga percebe, a de máis sabor, a 1.40  ou 1.60 o quilo, e despois varía a 1.10 ou 1.20 a leituga de mar, o wakame...".

Ao baleiro, en conserva ou deshidratadas case sempre rematan no estranxeiro. Aquí falta costume de comelas, e iso que están cargadas de nutrintes.

"Sempre imos a verduras e legumes e non nos fixamos nelas, que están cerca e aportan igualmente nutrientes básicos que nos fan falta", explica a educadora Paula Otero desde o obradoiro de cociña de algas que organiza a OPP para a cativada da Illa.

"Esto é todo vitamina, silicio, ferro, de todo".

"Eu fago tortilla de wakame, e a correa a cociño como se foran calamares, está estupenda".

Verduras mariñas apañadas de xeito artesanal coas que as confrarías buscan seguir de pé nuns anos especialmente duros para o marisqueo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade