Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa galega investiga o uso das algas como biocombustible

Unha empresa galega investiga o uso das algas como biocombustible

A través do proxecto europeo Ocean Gardens investiga o seu uso para producir combustibles limpos

Galicia ten un gran potencial na produción de algas, con máis de 600 especies no seu litoral

G24.gal 23/11/2025 20:13 Última actualización 23/11/2025 20:34

A comezos do próximo ano esta empresa situada no porto de Vigo comezará a instalar os sistemas flotantes nas augas das Rías Baixas, unha especie de bateas para o cultivo das algas. 

Galicia emerxe con forza neste sector como unha das grandes potencias europeas na produción de algas mariñas. O ano pasado poxáronse máis de medio millón de quilos de algas nas lonxas galegas, un 20% máis que hai unha década. 

O xa coñecido como ouro verde non só achega valor gastronómico con especies como o wakame ou o kombu. Ao final deste proxecto, poderemos comprobar a transformación destas especies para o desenvolvemento de celulosa sostible e biocombustibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade