Aterra o primeiro avión en Peinador tras repararse a fochanca na pista
Aterra o primeiro avión en Peinador tras repararse a fochanca na pista
Contra as 16:20 un voo procedente de Madrid tomou terra no aeroporto vigués tras 21 horas pechado

Tras repararse ao longo da mañá a fochanca que este luns apareceu na pista de Peinador, o aeroporto vigués recuperou a actividade.
Foi un voo de Air Europa procedente de Madrid que aterraba en Vigo cuns dez minutos de atraso sobre a hora prevista. Eran case as 16:20.
Antes diso, ao longo da xornada cancelaran cinco voos e outros catro con chegada a Vigo foron desviados ao aeroporto de Santiago de Compostela, o que obrigou a desprazar en autobús os pasaxeiros.
Son en total 2.300 os pasaxeiros afectados por este incidente na pista. Centos deles perderon a viaxe.
Os problemas na pista de Peinador son recorrentes nos últimos tempos e un suceso similar obrigou a pechar a pista no último día do ano 2021. Volveu ocorrer outra vez o verán pasado, no mes de xullo, aínda que nesa ocasión o incidente non afectou a actividade do aeroporto.